Atopa o teu curso

Información do curso

Protección de datos (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPD19OU
Nome Protección de datos (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 2
Descrición

Esta actividade formativa ten como finalidade asesorar ao profesorado na situación actual da protección de datos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Protección de datos insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 21/12/2018 12:00 - 21/01/2019 23:59
Período de docencia 23/01/2019 - 23/01/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Actualizar a formación sobre protección de datos que posúe o profesorado.
  • Familiarizarse co sistema de Protección de datos que ten a Universidade de Vigo.
  • Xerar compromiso no desenvolvemento de accións que respeten a Protección de datos dentro da labor docente.

Calendario

Desenvolverase o 23 de xaneiro de 9.30 a 11.30 horas.

Programa

  • Introdución á Protección de datos persoais. Antecedentes normativos internacionais, europeos e nacionais: intimidade vs. privacidade.

  • Os dereitos da persoa ante o uso das novas tecnoloxías.
    • Dereito á honra.
    • Dereito á propia imaxe.
    • Dereito á intimidade.
    • Dereito á privacidade.

  • Análise xurídica do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).
    • Ámbito de aplicación e vixencia.
    • Conceptos básicos.
    • Os principios da Protección de datos.
    • Dereitos dos interesados/as. En especial, o “dereito ao esquecemento” e o dereito á portabilidade de datos.
    • O Privacy by design.
    • Medidas de seguridade e obrigación de notificación do Data breach.
    • Avaliación de impacto en protección de datos e consulta previa.
    • Delegado de Protección de datos (DPO).
    • Códigos de conduta e certificación.
    • Transferencia internacional de datos: o novo Privacy shield.
    • Autoridades de control: competencias e coordinación.
    • Sancións, responsabilidade e recursos.
    • Casos especiais e excepcións.
    • Entrada en aplicación.

Impartido en

Campus de Ourense. Salón de graos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todo o curso.

Profesorado

Víctor Salgado Seguín

Pintos & Salgado Abogados
Bufete delegado de Protección de datos da Universidade de Vigo

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos