Incorporación da análise de xénero á investigación (Campus de Vigo)
Información do curso
Incorporación da análise de xénero á investigación (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPIG18VI2 | ||||
Nome | Incorporación da análise de xénero á investigación (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Este curso vai dirixido a mellorar as competencias do persoal investigador para a na incorporación da perspectiva de xénero tanto nos potenciais proxectos de investigación, as teses doutorais e os artigos científicos que poidan derivarse das investigacións. Preséntase o marco conceptual que sostén a inclusión da perspectiva de xénero na investigación e os principais nesgos de xénero e indicarase como introducir a perspectiva de xénero en cada unha das fases do proceso investigador, desde a elección do problema para investigar e a selección da mostra, ata a análise dos resultados e a súa posterior publicación. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Incorporación da análise de xénero á investigación insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/10/2018 12:00 - 13/11/2018 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 16/11/2018 - 14/12/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
- Se quedasen prazas dispoñibles poderían participar persoas con outros perfís.
Obxectivos
- Mellorar a habilidade de incluir a perspectiva de xénero en todas as fases da investigación.
- Aumentar a capacidade para evitar o sexismo na investigación.
- Afondar na capacidade para realizar e presentar un proxecto de investigación ou un proxecto sen nesgos sexistas.
Calendario
Parte presencial:
Calendario: 16 de novembro.
Horario: de 10 a 14 horas.
Parte virtual: do 17 de novembro ao 11 de decembro.
Programa
- Concepto, tecnoloxías e nesgos sexistas.
- O enfoque de xénero na investigación.
- Xénero e investigación nas ciencias sociais.
- Xénero e investigación no medio ambiente e as tecnoloxías.
Impartido en
Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Observacións
Acreditación da asistencia
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan a toda sesión presencial e superen a parte virtual.
Profesorado
Capitolina Díaz Martínez
Catedrática de Socioloxía da Universitat de València. É doutora en Socioloxía pola Universidade de Londres e expresidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas. Desenvolveu diferentes altos cargos na Administración Pública do 2006 ata o 2010. Ten unha longa traxectoria investigadora coa participación en máis de 15 proxectos e 100 publicacións.