PILATES EN MAT PARA FISIOTERAPEUTAS

Información do curso

PILATES EN MAT PARA FISIOTERAPEUTAS


Tipo Curso Complementario
Código C2051805
Nome PILATES EN MAT PARA FISIOTERAPEUTAS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 60
Información de contacto:  
 · Teléfono 801750 - 801752
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Fisioterapia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 31/07/2018 10:37 - 01/02/2019 23:59
Período de matrícula 31/07/2018 10:37 - 02/02/2019 23:59
Período de docencia 02/02/2019 - 03/03/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 14
Créditos teóricos 1
Créditos prácticos 5

Destinatarios/as

O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, cando menos, no curso 2017-18 sexan de 2º curso do Grao.

Condicións de acceso

Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno/a de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2017-18.

Criterios de selección

Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnado de 4º curso, alumnado de 3º curso e alumnado de 2º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.

Calendario

Do 2 de febreiro ao 3 de marzo de 2019.
Horario: SÁBADOS 2, 9 e 23 de febreiro, e 2 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas; e DOMINGOS 3, 10 e 24 de febreiro, e 3 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas.
O curso levarase adiante en:
Centro Impact Fitness (Studio Pilates)
Rúa Amado Carballo nº 8, baixo
36002 Pontevedra

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
O método Pilates (orixe do método e o método na actualidade; principios)
Prescrición de exercicios, fases en Fisioterapia
Técnicas de comunicación, observación e corrección para a mellora e a motivación dos usuarios/pacientes (imaxes, axuda táctil).
Principios para programar unha sesión e dirixila
Organización e partes dunha sesión de Pilates
Programación da sesión segundo casos clínicos específicos.
Beneficios, precaucións e contraindicacións
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Bases biomecánicas e anatómicas no método Pilates: a súa aplicación práctica
Postura e movemento (estabilizadores-mobilizadores): análise.
Orde de traballo no método Pilates (aprendizaxe motor)
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): breathing; pelvic clock; knee folds, drops, slides and femur arcs; up shoulders, supine, prone and standing; bridge, level 1.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): supine and standing arm arcs; side leg lift, oyster and side lying adductor; neck rolls and flexion; quadruped, cat stretch; scapular mobilization on all fours.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): curl ups and oblique curl ups; roll down on the wall and standing; diamond press and dart; pliès; leg circle, level 1; roll-up and assisted roll-up; hundred, level 1.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): single-leg stretch, level 1; double-leg stretch, level 1; leg pull front, level 1; rolling like a ball.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): spine twist, level 1; swan dive, level 1; side kick, level 1; hip twist; spine stretch forward.
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): hundred; leg circle; single-leg stretch; double-leg stretch; criss-cross; shoulder bridge.
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): single straight leg stretch; double straight leg stretch; spine twist; one leg kick; seal; teaser.
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): roll-over; jack knife; bicycle; control balance; scissors.
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): corkscrew; swimiming; double-leg kick; neck pull; saw; open leg rocker.
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): side bend; side kick; leg pull front; leg pull back; push ups; boomerang.
Exercicios con material complementario: fitball e rulo. Repertorio clásico, progresións e adaptacións.
Clases de mat en pequeno grupo.
Clases individuais de mat.
Principais variantes de exercicios básicos de mat.
Casos prácticos e resolución en grupos.

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 237  €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

Titulación

A participación nas ensinanzas correspondentes a cursos complementarios dará dereito á obtención dun diploma de asistencia expedido pola Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos