Mindfulness e docencia (Campus de Ourense)
Información do curso
Mindfulness e docencia (Campus de Ourense)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPMIND18OU | ||||
Nome | Mindfulness e docencia (Campus de Ourense) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O mindfulness ofrece unha serie de técnicas que axudan a aumentar a capacidade de atención e concentración, ao mesmo tempo que aumenta a capacidade de relaxación. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Mindfulness e docencia insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 18/07/2018 12:00 - 18/10/2018 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 25/10/2018 - 29/11/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
Obxectivos
- Reflexionar sobre as técnicas de meditación como ferramenta de desenvolvemento persoal.
- Aplicar diferentes técnicas de mindfulness para incorporar ao día a día, tanto na vida do/a docente como para a súa aplicación na aula.
- Implantar técnicas de mindfulness na clase.
- Achegar ao alumnado a importancia da conexión entre o corpo, a respiración e os estados emocionais.
- Aumentar a capacidade de relaxación, concentración e atención do alumnado para xestionar a tensión.
Calendario
25 de outubro, 8, 15, 22 e 29 de novembro de 16 a 20 horas.
Programa
- Que é mindfulness? Concepto e prácticas.
- A actitude do/a docente na aula.
- A atención plena e o corpo. Linguaxe do corpo. Os sentidos.
- A respiración consciente e a relaxación.
- A tensión. Como afecta a tensión no labor docente.
- Intelixencia emocional e intelixencias múltiples.
- Técnicas e dinámicas de aplicación na aula.
Impartido en
Campus de Ourense. Aula 0.8 do edificio de Ferro.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.
Profesorado
Joaquín Castaño Guasch
É formador de Mindfulness e Técnicas de Relaxación do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) e CFR (Centro de Formación e Recursos) da Xunta de Galicia.