Gamificación na docencia universitaria (Campus de Pontevedra)

Información do curso

Gamificación na docencia universitaria (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPGAM18PO
Nome Gamificación na docencia universitaria (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 24
Descrición

Esta actividade formativa ten como finalidade que o profesorado sexa quen de desenvolver experiencias de aprendizaxe que favorezan a motivación do alumnado a través do xogo, tanto dentro como fóra da clase.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Gamificación na docencia universitaria insírese dentro das actividades formativas institucionais para o persoal docente da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 09/07/2018 12:00 - 10/10/2018 23:59
Período de docencia 18/10/2018 - 15/11/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Valorar os principios fundamentais da gamificación, esencialmente no seu ámbito de aplicación á aprendizaxe.
  • Comprender os pasos a seguir para poñer en práctica un proxecto gamificado.
  • Ser quen de aplicar os compoñentes clave da gamificación.

Calendario

Parte  presencial
18, 25 de outubro, 8 e 15 de novembro de 16 a 19 horas.

Parte non presencial
Do 18 ao 25 de outubro (3 horas).
Do 25 de outubro ao 1 de novembro (3 horas).
Do 1 ao 8 de novembro (3 horas).
Do 8 ao 15 de novembro (3 horas).


Programa

  • Sesión 1 (3 horas presenciais). 18 de outubro de 16 a 19 horas.
    Módulo 1: Entendendo a gamificación: Introdución. Que é a gamificación? Ámbitos de aplicación. Gamificación e aprendizaxe. Exemplos.
    Módulo 2: Deseño de proxectos de gamificación. O modelo MDA (mecánicas, dinámicas e estética) de Hunicke et al. Motivación intrínseca e extrínseca. Tipos de xogadores/as (clasificación de Bartle e Marczewski).
  • Sesión 2 (3 horas non presenciais). Do 18 ao 25 de novembro.
    Actividades en liña na aula virtual gamificada baseada en Moodle.
  • Sesión 3 (3 horas presenciais). 25 de outubro de 16 a 19 horas.
    Módulo 3: Os elementos de gamificación. A dinámica na aula virtual. A tríada PBL (Points, Badges, and Leaderboards). Logros, niveis. As recompensas e obxectos virtuais. Teoría do fluxo. Bucles de actividades e progreso.
    Módulo 4: O deseño do proxecto gamificado. Modelo Canvas para a gamificación na educación.

  • Sesión 4 (3 horas non presenciais). Do 25 de outubro ao 1 de novembro.
    Deseño dun proxecto gamificado.
    Actividades en liña na aula virtual gamificada baseada en Moodle.

  • Sesión 5 (3 horas non presenciais). Do 1 ao 8 de  novembro.
    Avaliación por pares de mapas de compañeiros/as.
    Actividades en liña na aula virtual gamificada baseada en Moodle.

  • Sesión 6 (3 horas presenciais). 8 de novembro de 16 a 19 horas.
    Módulo 5: Gamificación en Moodle: Actividades para gamificación en Moodle. Completado de actividades e restriccións. Points, Badges, and Leaderboards. Obxectos virtuais. Realimentación e Progreso.

  • Sesión 7 (3 horas non presenciais). Do 8 ao 15 de novembro.

  • Sesión 8 (3 horas presenciais). 15 de novembro de 16 a 19 horas.
    Módulo 6: Outras plataformas de gamificación. Directrices para o aula gamificada.
    Posta en común dos traballos, debate, dúbidas e conclusións finais.

Impartido en

Campus de Pontevedra. Aula informática da Facultade de Fisioterapia.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso e superen a parte virtual.

Profesorado

José Carlos López Ardao

É doutor en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. O seu campo de traballo nos últimos anos centrouse no ámbito de aplicación das redes sociais e da gamificación na educación. É socio cofundador da spin-off da Universidade de Vigo, SocialWire S.L. dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxías educativas sobre contornas de redes sociais.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos