Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Campus de Ourense)

Información do curso

Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPWORD18OU
Nome Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

O curso busca que o profesorado poida xerar e modificar os contidos en blogs e webs, identificando  as necesidades de comunicación e a personalizando os contidos e deseño.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso WordPress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento insírese dentro das actividades formativas institucionais para o persoal docente da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 27/06/2018 12:00 - 21/09/2018 23:59
Período de docencia 01/10/2018 - 29/10/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Comprender a linguaxe HTML para a creación e modificación de contidos en blogs e webs.
  • Capacidade para instalar e manter o CMS WordPress.
  • Identificar temas e complementos de WordPress en webs externas para o seu emprego nunha web persoal.
  • Identificación de necesidades de comunicación en WordPress e a súa solución.
  • Personalización de contidos e deseño dunha web con WordPress empregando compositores visuais que non requiren programación.

Calendario

Parte presencial:
1, 15, 22 e 29 de outubro de 16 a 20 horas.

Parte a distancia:
4 horas.

Programa

  • Creación e xestión de contidos web en wordpress.com: menús, páxinas, artigos, comentarios e xestión do backend.
  • Instalación de WordPress nun servidor propio e migración dos datos de de wordpress.com a wordprss.org.
  • Plugins en WordPress: esenciais, seguridade e copia de seguridade.
  • Templates e personalización do blog: compositores visuais para mudar a apariencia gráfica.

Impartido en

Campus de Ourense. Laboratorio informático (andar soto) Edificio de Ferro.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 75%  do curso e superen a parte non presencial.

 

Observacións:

É imprescindible que os/as asistentes ao curso teñan unha conta de correo do tipo "nome@uvigo.es" e que soliciten ao saum@uvigo.es a alta do espazo web asociado e a correspondente base de datos para poder hospedar a instalación do WordPress.

Profesorado

Luis Xabier Martínez Rolán

Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, con ampla experiencia no desenvolvemento e mantemento de webs baseadas en Wordpress. Actualmente imparte un Módulo de Wordpress  no Mestrado de Marketing Digital da USC (2015 – actualidade) e impartiu dous cursos de Introducción de Wordpress (20h) entre o profesorado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no Campus de Pontevedra (2016 e 2017).

Alberto Dafonte Gómez

Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade e coordinador do Grupo de Innovación Docente Medios Dixitais e Aprendizaxe Participativa. Ten unha longa experiencia no manexo de medios dixitais e no uso de WordPress.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos