Metodoloxías activas e activación da aprendizaxe en Ciencias

Información do curso

Metodoloxías activas e activación da aprendizaxe en Ciencias


Tipo Curso de formación do PDI
Código MET18
Nome Metodoloxías activas e activación da aprendizaxe en Ciencias
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 4
Descrición

O curso Metodoloxías activas e activación da aprendizaxe en Ciencias é unha actividade formativa é recoñecido pola Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado coma Formación Permanente do Profesorado.

Esta actividade foi financiada pola convocatoria de axudas económicas para a divulgación das actividades dos Grupos de Innovación Docente (26 de febreiro de 2018).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Neste curso mostraranse técnicas para conseguir que o alumnado de materias de Ciencias mostre unha participación activa no proceso de aprendizaxe en xeral.

Entidades organizadoras

Mª Beatriz Iglesias Antelo
Grupo de Innovación Docente para a Aprendizaxe Activa en Química.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/05/2018 14:00 - 05/06/2018 23:59
Período de docencia 20/06/2018 - 20/06/2018

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Terán prioridade as persoas integrantes do Grupo de Innovación Docente para a Aprendizaxe Activa en Química coordinado por Mª Beatriz Iglesias Antelo.

Obxectivos

Xerais:
Capacitación para o deseño, planificación, aplicación e divulgación dunha experiencia de innovación educativa baseada en metodoloxías activas na área de Ciencias.

Específicos:
Identificación das características asociadas á participación activa do alumnado na súa aprendizaxe.
Identificación das metodoloxías activas aplicables en Ciencias.
Capacitación para a aplicación de técnicas de dinamización da aprendizaxe na aula.
Capacitación para o emprego da metodoloxía activa Micro Flip Teaching.
Coñecer como se xestionan os resultados de aprendizaxe activa a través da intelixencia colectiva.

Calendario

Día: 20 de xuño.
Horario: 10 a 14 horas.

Programa

1. Situacións de aprendizaxe problemáticas en Ciencias.
2. Dinamización, metodoloxías activas e hábito activo.
3. Método MAIN para aplicación de metodoloxías activas: planificación, aplicación e divulgación científica.
4. Impacto e xestión das metodoloxías activas.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala IV do Edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ás 4 horas do curso.

Profesorado

Ángel Fidalgo Blanco

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos