ESTRATEXIAS AVANZADAS DE CSS. ARQUITECTURA E BOAS PRÁCTICAS

Información do curso

ESTRATEXIAS AVANZADAS DE CSS. ARQUITECTURA E BOAS PRÁCTICAS


Tipo Curso de Formación
Código CFP0072
Nome ESTRATEXIAS AVANZADAS DE CSS. ARQUITECTURA E BOAS PRÁCTICAS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

A maquetación CSS ( Cascade Style Sheets) é un dos piares fundamentais da web actual. Mentres que o HTML se centra no contido das aplicacións, a responsabilidade da súa presentación visual recae exclusivamente no CSS.

CSS é unha linguaxe moi sinxela, pero precisamente esa sinxeleza fai que sexa necesario o coñecemento dunhas boas prácticas para que calquera proxecto sexa escalable e sostible.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986802080
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 12/03/2018 09:00 - 04/04/2018 00:00
Período de matrícula 12/03/2018 00:00 - 06/04/2018 14:00
Período de docencia 06/04/2018 - 27/04/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 12
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e público en xeral

Obxectivos

Darlle ao alumnado os mecanismos profesionais reais da maquetación CSS.

Que o alumno coñeza e empregue as boas prácticas de CSS e que melloren a calidade dos proxectos.

Darlle ao alumno mostras de arquitecturas e metodoloxías CSS fiables e testadas.

Capacitar ao alumno para que con tales nocións poida profundizar na investigación e desenvolvemento dos seus propios proxectos

Condicións de acceso

Imprescindible que o alumno teña coñecementos da sintaxe e o funcionamento tanto do CSS como de HTML

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación.  Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica.

Calendario

6,13,20 e 27 de abril de 2018 de 16:30 a 19:30 horas

Programa

Boas prácticas CSS

Preprocesadores CSS: SCSS

Metodoloxías de nomenclaturas. Caso BEM

Introdución a arquitecturas CSS: OOCSS, SMACSS

ITCSS

Modo de pagamento

Matrícula gratuita

Impartido en

Aula tecnolóxica da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra- Casa das Campás

Profesorado

Alberto García Ariza

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos