Práctica do discurso oral en inglés en foros internacionais (Campus de Vigo)

Información do curso

Práctica do discurso oral en inglés en foros internacionais (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPRAI18VI
Nome Práctica do discurso oral en inglés en foros internacionais (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 15
Descrición

A finalidade é mellorar as habilidades comunicativas en inglés nos foros internacionais: congresos, cursos ou seminarios.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Práctica do discurso oral en inglés en foros internacionais insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/03/2018 12:00 - 31/05/2018 23:59
Período de docencia 04/06/2018 - 15/06/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 7
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Para acceder ao curso esixirase a acreditación do nivel B1+ do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Esta acreditación non pode ser anterior ao 2015. Terán preferencia aquelas persoas que xustifiquen que van asistir a un foro internacional no curso 2017/18 ou no vindeiro curso 2018/19 mediante presentación de copia da matrícula do congreso/curso/seminario ou aceptación do abstract por parte do Comité Organizador do evento. A documentación enviarase ao facer a preinscrición a innovacion.educativa@uvigo.es.

As persoas que non teñan a acreditación ou que esta estea caducada poderán presentarse á proba de nivel.

Obxectivos

  • Xestionar as ferramentas necesarias que lle sirvan ás persoas participantes para mellorar a súa competencia comunicativa en foros científicos internacionais.
  • Poñer en práctica técnicas dunha boa presentación en inglés en congresos, conferencias etc.
  • Desenvolver habilidades comunicativas necesarias para participar en debates.

Criterios de selección

Ofertaranse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Proba de nivel: 28 de maio ás 10 horas na aula Newton 13.
Días: 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 e 15 de xuño de 10.00 a 11.30 horas.

Programa

TEMA 1. Preparación da presentación

  1. Como afrontar unha presentación. Pensar no público.
  2. Xestión de soportes para unha presentación. Deseño eficiente de diapositivas, vídeos, audios etc.
  3. Como axustar a presentación ás limitacións do tempo.
  4. Selección de información relevante.

 

TEMA 2. As tres fases da presentación: a introdución, o desenvolvemento dos razoamentos e a conclusión

  1. Técnicas de comunicación verbal.
  2. Técnicas de comunicación non verbal: os xestos, as posturas, as pausas etc.
  3. A introdución.
  4. O desenvolvemento dos razoamentos: marcadores discursivos.
  5. As conclusións.
  6. Falar dunha táboa, gráfico ou imaxe.
  7. Recursos web que permiten mellorar as presentacións.

 

TEMA 3. Despois da presentación

  1. A quenda de preguntas.
  2. Análises críticas.
  3. Oportunidade de mellora.

 

TEMA 4. Linguaxe específica para presentar unha investigación

  1. Erros ortográficos.
  2. Erros de pronuncia.
  3. Erros de vocabulario.
  4. Expresións redundantes.
  5. Os números.
  6. As estatísticas.
  7. Abreviaturas e acrónimos.
  8. Falsos amigos.
  9. Phrasal verbs.
  10. Formar preguntas.
  11. Inglés americano vs. inglés británico.
  12. Os estilos de comunicación científica e académica en inglés.
 

Impartido en

Campus de Vigo. Aula B9 do pavillón B da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Observacións

Acreditación da asistencia

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos