Atopa o teu curso

Información do curso

Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito


Tipo Curso Complementario
Código C1041801
Nome Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 20
Descrición

Este curso achégase aos eventos deportivos dende un punto de vista práctico.  Serán os responsables da organización de eventos os encargados de relatar o traballo que leva (antes, durante e despois) a súa organización e desenvolvemento. 

As xornadas están dirixidas a todo público interesado en materia deportiva e, de maneira especial, aos seguidores dos eventos deportivos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 988368700 /988368720
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso achégase aos eventos deportivos dende un punto de vista práctico.  Serán os responsables da organización de eventos os encargados de relatar o traballo que leva (antes, durante e despois) a súa organización e desenvolvemento. 

As xornadas están dirixidas a todo público interesado en materia deportiva e, de maneira especial, aos seguidores dos eventos deportivos.

Entidades organizadoras

Master Universitario en Xestión Empresarial do Deporte - Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Fundación Deporte Galego - Xunta de Galicia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 12/02/2018 10:43 - 23/03/2018 10:43
Período de matrícula 16/02/2018 10:44 - 23/03/2018 23:44
Período de docencia 23/03/2018 - 14/04/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 25
Créditos teóricos 2
Créditos prácticos 0
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

O curso está dirixido especialmente ao alumnado da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, así como ao resto de membros da comunidade universitaria.

Asemade tamén esta aberto a todas aquelas persoas interesadas en temas vencellados ao deporte e á actividade física (especialmente no que ten que ver cos deportes desenvueltos en medios acuáticos) que acrediten as condicións de acceso.

Condicións de acceso

1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Criterios de selección

* Darase preferencia aos alumnos de posgrado e último curso das titulaciones da Facultade de Empresariais e Turismo e, a continuación, ao resto de alumnado da Facultade.

* Caso de existir prazas libres terán preferencia o resto de alumnos da Universidade de Vigo, especialmente o alumnado das titulaciones de ciencias da actividade física e deporte, dereito, economía e/ou relacións laborais.

* A aceptación definitiva da matrícula realizarase por estrita orde de recepción do justificante bancario de pago das taxas do curso.

* As persoas pertencentes á comunidade universitaria deberán entregar, ademais do justificante de pago, unha copia dun documento justificativos de devandita condición.

Calendario

23 de marzo e 24 de marzo. Horario: venres 15.30 - 21.30 horas e sábado: 9.00-14.00. -16.00 a 21.00
 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Eventos de caracter internacional
Eventos de carácter nacional

Modo de pagamento

TAXAS DE MATRÍCULA
- Matrícula ordinaria:49 €
- Matrícula comunidade universitaria: 25 €

Impartido en

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense

Sistema de avaliación

1.- Asistencia
2.- Proba de carácter teórico-práctico

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos