A creación de empresas baseadas na investigación universitaria (Spin-off). Aspectos legais, técnicos e financeiros (Campus de Ourense)

Información do curso

A creación de empresas baseadas na investigación universitaria (Spin-off). Aspectos legais, técnicos e financeiros (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPSPIN18OU
Nome A creación de empresas baseadas na investigación universitaria (Spin-off). Aspectos legais, técnicos e financeiros (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

Esta actividade formativa incidirá na análise do fenómeno da creación de empresas baseadas en resultados de investigación como alternativa de transferencia de tecnoloxía, afondando nos factores críticos de éxito para a viabilidade técnica e económica dos proxectos, as cuestións legais que poden afectar á institución e ao PDI, así como nas potenciais fontes de financiamento.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso A creación de empresas baseadas na investigación universitaria (Spin-off). Aspectos legais, técnicos e financeiros insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está coorganizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado e a e a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/01/2018 12:00 - 25/07/2018 23:59
Período de docencia 20/09/2018 - 21/09/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

.

Obxectivos

  • Analizar aquelas cuestións esenciais que un investigador/a debe coñecer á hora de xerar unha spin-off. A nivel conceptual, motivacional, xurídico, financiamento, viabilidade...
  • Potenciar a difusión e sensibilización para a creación de empresas de orixe académica.

Calendario

Calendario: 20 e 21 de setembro.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

  1. A creación de empresas: unha alternativa positiva para a transferencia de coñecemento.
  2. Viabilidade dunha empresa baseada no coñecemento universitario. Aspectos críticos e metodoloxías de análise.
  3. Marco xurídico para a creación de empresas de base no coñecemento: compatibilidade, excedencias, participación do PDI e da universidade no capital etc.
  4. Procedemento de aprobación da empresa a través da Universidade de Vigo.
  5. Fontes de financiamento públicas e privadas.
  6. Casos de éxito: a luz ao final do túnel…

Impartido en

Campus de Ourense. Edificio de Ferro. Aula 0.2  andar baixo.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan a todo o curso.

Profesorado

Roberto Graña Escalante

A súa actividade profesional está orientada á xestión da innovación e asesoramento empresarial, polo que desenvolveu funcións tanto en organismos públicos coma no sector privado. Ao longo do tempo exerceu diferentes responsabilidades no deseño, desenvolvemento e xestión de programas vinculados á innovación e emprendemento, sendo asesor na creación de Empresas Baseadas no Coñecemento e en procesos de transferencia de tecnoloxía en universidades coma a de Santiago de Compostela, Valladolid, Córdoba ou a Carlos III de Madrid.

Foi socio consultor de BluBusiness, Innovation and Bussines Development e na actualidade é o responsable da plataforma de consultoría EXEO (www.exeo.es), onde se dedica ao asesoramento de proxectos empresariais xurdidos de centros de investigación, así como a procesos de inversión en capital-risco e business angels.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos