Análise estatística básica de datos con RCommander (Modalidade virtual)

Información do curso

Análise estatística básica de datos con RCommander (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPR18VIR
Nome Análise estatística básica de datos con RCommander (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

R é un ámbito de programación, análise estatística e xeración de gráficos distribuído baixo licenza GNU. Está constituído por máis de 7.500 paquetes integrados cos que é posible executar simples análises descritivas ou aplicar os máis complexos e novidosos modelos formais. Ademais, a incorporación a R de interfaces gráficas como RCommander, que crean ámbitos de traballo amigables moi similares ao ámbito de SPSS ou STATA, permiten saltar a barreira da accesibilidade, e utilizalo  en calquera ámbito.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Análise estatística básica de datos con RCommander insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. O curso está coorganizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 16/01/2018 12:00 - 22/02/2018 23:59
Período de docencia 01/03/2018 - 08/04/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Manexar o software R e o seu contorno gráfico Rcommander.
  • Realizar estudos estadísticos básicos co Rcommander.
  • Ser capaz de ampliar a funcionalidade do programa coa inserción de novos módulos.
  • Formar o persoal que habitualmente traballa con software estatístico comercial, no manexo de software de fontes abertas como R nos permite abaratar custos sen perder capacidade operativa, á vez que permite incorporar novas rutinas ou desenvolver funcións propias para aumentar a efectividade do software.

Calendario

Do 1 de marzo ao 8 de abril.

Programa

  • R: Conceptos Básicos.
  • RCommander.
  • Manexo de datos.
  • Creación de gráficos.
  • Estatística descritiva.
  • Distribucións de probabilidade.
  • Inferencia.
  • Regresión lineal simple.
  • Plugins do RCommander.

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.

Profesorado

Miguel Ángel Rodríguez Muíños

Técnico Informático da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.
É formador con ampla experiencia en software científico e de análise de datos. É membro fundador da Comunidade R-Hispano (Asociación de usuarios/as de R de España)e
das Xornadas de Usuarios de R en Galicia; e administra  R-Help-es (listaxe de correo de R en castelán).
Tamén coordina o Proxecto EpiLinux (distribución científica de Linux) e do Proxecto BioStatFLOSS (recompilación de software libre de uso bioestatístico).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos