Corrección da escrita coas TIC
Información do curso
Corrección da escrita coas TIC
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00040 | ||||
Nome | Corrección da escrita coas TIC |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 25 | ||||
Descrición | Curso destinado a persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre os recursos lingüísticos que a informática pon ao dispor da lingua galega. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 05/02/2018 09:00 - 23/02/2018 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 01/03/2018 - 23/03/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria.
Obxectivos
- Coñecer diferentes ferramentas de corrección e tradución, optimizar o seu uso e achegarnos a outros recursos que nos axudan a empregar unha lingua de calidade de maneira sinxela.
- Achegar a realidade das linguas no contexto dixital e de comunicación global e coñecer as principais ferramentas de corrección dispoñibles para o galego.
- Aprender a manexar ferramentas básicas para corrixir, traducir e consultar dúbidas lingüísticas que nos ofrecen as novas tecnoloxías.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Calendario
É un curso virtual.
Programa
Tema 1. Utilidades das TIC para as linguas
Tema 2. Lingua galega: actualidade e ferramentas TIC
Tema 3. O uso dos correctores de texto
Tema 4. Tradutores para o galego
Tema 5. Dicionarios e vocabularios de galego na rede
Tema 6. A autoaprendizaxe do galego na rede
Modo de pagamento
Gratuíto.
Impartido en
É un curso virtual.
Observacións
O curso estará recoñecido con 25 horas de traballo.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais do sistema de avaliación establecido.