Carta de presentación e Curriculum Vitae

Información do curso

Carta de presentación e Curriculum Vitae


Tipo Taller
Código AEE.18.03.03
Nome Carta de presentación e Curriculum Vitae
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 5.5
Descrición

Os entrevistadores e entrevistadoras a partir da carta de presentación e do currículum, tratarán de facer un perfil e comprobar nunha futura entrevista de selección se cada aspirante encaixa no posto de traballo que se ofrece, de ahí a importancia de elaborar axeitadamente os citados documentos para dar unha impresión positiva, favorable e convincente.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130110 / 986812136
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Área de Emprego e Emprendemento é unha unidade de xestión dependente da Vicerreitoría de Estudantes que ten como obxectivo fundamental facilitar, en colaboración con administracións, empresas e outras institucións, o acceso ao mercado laboral das persoas tituladas na Universidade de Vigo.

O Persoal técnico e administrativo propio desenvolve as súas funcións nos seguintes ámbitos:

  • Prácticas externas dos estudantes da Universidade de Vigo.
  • Ofertas de emprego en empresas e institucións.
  • Orientación Laboral.
  • Formación e asesoramento para a inserción laboral e o exercicio profesional.
  • Apoio, formación e asesoramento a proxectos emprendedores.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 14/06/2018 11:00 - 25/06/2018 23:59
Período de matrícula 22/12/2017 13:03 - 21/01/2018 13:03
Período de docencia 28/06/2018 - 05/07/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Estudantes finalistas e titulados e tituladas de calquera titulación impartida pola Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Facilitar a aparición de actitudes positivas en relación coa busca de emprego a partir do desenvolvemento dos recursos persoais.
  • Coñecer as ferramentas e métodos adecuados para realizar unha busca de emprego activa e planificada, adaptándoas ao mercado de traballo actual.
  • Elaborar unha carta de presentación e un curriculum ben dirixidos a unha oferta en concreto ou ben de autocandidatura.

Condicións de acceso

Ser ou haber sido estudante ou titulado/a de calquera titulación da Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Por rigoroso orde de inscrición.

Calendario

O 28 de xuño de 9 a 11 horas realizarase a sesión presencial.

A parte non presencial desde obradoiro, que consiste na realización dunha carta de presentación e dun CV, que deberán ser enviados por mail, poderá realizarse ata o 5 de xullo de 2018.

Programa

1. Carta de presentación.

  • Concepto.
  • Tipos.
  • Estrutura.
  • Recomendacións xerais.

2. Curriculum Vitae.

  • Concepto.
  • Tipos.
  • Estrutura.
  • Recomendacións xerais.

Modo de pagamento

Gratuito

Impartido en

Sala IV do Edificio Miralles do campus de Vigo.

Profesorado

Mª Reyes Fernández González. Técnica en Orientación Laboral da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

As persoas inscritas recibirán un diploma de asistencia que lles permitirá ter un recoñecemento por 5.5 horas, sempre que asistan (2h.) e entreguen en prazo e forma o traballo correspondente a parte non asistencial (3.5 h.)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos