Aprendizaxe baseada en proxectos. Da teoría á aula

Información do curso

Aprendizaxe baseada en proxectos. Da teoría á aula


Tipo Curso de formación do PDI
Código ARAP18
Nome Aprendizaxe baseada en proxectos. Da teoría á aula
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

A Aprendizaxe baseada en proxectos. Da teoría á aula é unha actividade formativa é recoñecido pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado coma Formación Permanente do Profesorado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Projetc Based Learning ou aprendizaxe por proxectos é unha das máis utilizadas na educación superior. Nesta metodoloxía o alumnado leva a cabo un proceso de investigación para responder a unha pregunta complexa formulada polo profesor/a. O alumnado ten que ter autonomía e capacidade de decisión durante o desenvolvemento do proxecto. A finalidade é que o alumnado aprenda contidos básicos, domine competencias e deseñe e cre produtos e presentacións de calidade adaptadas aos seus intereses e capacidades. Para traballar por proxectos existen nestes momentos ferramentas dixitais que responden os intereses e necesidades do alumnado. Evidentemente, este deseño implica un cambio de paradigma na educación que pon de manifesto a asunción de novos modelos de comunicación e de tratamento da información.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/12/2017 12:00 - 08/01/2018 23:59
Período de docencia 10/01/2018 - 21/01/2018

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Terán prioridade as persoas integrantes do GID RED-IS (Rede educativa docente-innovar en sociedade) coordinado porJosé Luis González Cespón.

Obxectivos

  • Deseñar unidades didácticas integradas de carácter multidisciplinar mediante unha metodoloxía de proxectos.

  • Organizar e estruturar a avaliación do rendemento académico do alumnado mediante rúbricas favorecendo a súa autonomía e a responsabilidade no seu proceso de aprendizaxe.
  • Analizar as vantaxes e limitacións desta metodoloxía en función da selección e de contidos en educación superior.
  • Determinar o proceso de das diferentes fases dun proxecto e as estratexias didácticas para evitar erros durante o proceso.
  • Debater experiencias comúns que favorezan a divulgación de experiencias similares.

Calendario

Parte presencial: 10 de xaneiro de 9.00-14.00 e 16.00-21.00.

Parte non presencial: 11 ao 21 de xaneiro de 2018.

Programa

Día 10 de xaneiro 2018.

Sesión 1
-Metodoloxías activas no EEES.
-Características das fases para a elaboración dun proxecto.
-Estratexias didáctica na aula universitaria.

Sesión 2
-Vantaxes e inconvenientes dos PBL.
-Aplicacións dixitais para a xestión de proxectos.
-Actividade práctica de deseño.

Sesión 3
-Definición de indicadores de logro.
-Instrumentos e técnicas de avaliación.
-Aplicacións dixitais para a avaliación de proxectos.
-Análise dos recursos dispoñibles.

Sesión 4
-A rúbrica como instrumento de avaliación.
-Actividade práctica de avaliación.

Non presencial (11 - 21 de xaneiro)
Despois das sesións os asistentes realizarán un traballo que consistirá na implantación da metodoloxía nunha parte da materia que imparten. O curso finalizará 10 días despois da sesión principal.

Impartido en

Aula A-209 da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80% das sesións presenciais e obteñan unha cualificación de apto/a na parte non presencial.

Profesorado

Margarita R. Pino Juste.
José Luis González Cespón.
José Antonio Alonso Rodríguez.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos