Curso de iniciación ao Moodle (Campus de Vigo)
Información do curso
Curso de iniciación ao Moodle (Campus de Vigo)
Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
Código | PFPPDES18VI | ||||
Nome | Curso de iniciación ao Moodle (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 22 | ||||
Descrición | A plataforma Moodle é unha aplicación que permite crear e xestionar aulas virtuais para actividades formativas a distancia, semipresenciais e de apoio á docencia presencial. Esta plataforma conta coas ferramentas necesarias para que o profesorado poida deseñar a súa docencia, permitindo organizar actividades, facilitar recursos e materiais educativos, realizar cuestionarios, comunicarse co alumnado etc. O presente curso aborda cuestións básicas sobre a xestión e configuración dun curso na plataforma Moodle para uso docente. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O Curso de iniciación ao Moodle insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 22/12/2017 12:00 - 20/03/2018 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 03/04/2018 - 30/04/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
Obxectivos
- Configurar os parámetros xerais dun curso na plataforma Moodle.
- Identificar e saber empregar as ferramentas básicas para publicar recursos e materiais educativos.
- Identificar e saber empregar as ferramentas básicas para propor actividades ao alumnado.
- Identificar e saber empregar as ferramentas básicas de comunicación co alumnado.
- Identificar e saber empregar as ferramentas básicas de seguimento e avaliación do alumnado.
Preténdese que, ao concluír o curso, as persoas participantes alcancen os coñecementos e destrezas necesarios para incorporar Moodle como ferramenta de apoio a súa docencia presencial e semipresencial.
Calendario
Constará de 3 sesións presenciais e unha parte virtual aberta durante todo o curso.
1ª sesión presencial: 3 de abril de 16 a 18 h.
2ª sesión presencial: 4 de abril de 16 a 18 h.
3º sesión presencial: 23 de abril de 16 a 18 h.
Parte virtual: 5 ao 30 de abril.
Programa
- Introdución e primeiros pasos en Moodle.
- Os principais recursos de Moodle: ficheiros, carpetas, etiquetas, páxina.
- As principais actividades de Moodle: tarefas, cuestionarios, glosarios e wikis.
- As principais ferramentas de comunicación: foros, chat, mensaxes.
- Administración básica de cursos en Moodle.
Impartido en
Campus de Vigo. Sala IV do edificio Miralles.
Observacións
Acreditación da asistencia
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80% das sesións presenciais e superen as actividades de avaliación.
Profesorado
Sonia Álvarez López
Técnica superior de Teledocencia da Universidade de Vigo