Mindfulness e docencia (Campus de Vigo)

Información do curso

Mindfulness e docencia (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPMIND17VI
Nome Mindfulness e docencia (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

O mindfulness ofrece unha serie de técnicas que axudan a aumentar a capacidade de atención e concentración, ao mesmo tempo que aumenta a capacidade de relaxación.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Mindfulness e docencia insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. O curso está coorganizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/10/2017 12:00 - 03/11/2017 23:59
Período de docencia 08/11/2017 - 13/12/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Reflexionar sobre as técnicas de meditación como ferramenta de desenvolvemento persoal.
  • Aplicar diferentes técnicas de mindfulness para incorporar ao día a día, tanto na vida do/a docente como para a súa aplicación na aula.
  • Implantar técnicas de mindfulness na clase.
  • Achegar ao alumnado a importancia da conexión entre o corpo, a respiración e os estados emocionais.
  • Aumentar a capacidade de relaxación, concentración e atención do alumnado para xestionar a tensión.

Calendario

Días: 8, 15, 22, 29 de novembro e 13 de decembro.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

  • Que é mindfulness? Concepto e prácticas.
  • A actitude do/a docente na aula.
  • A atención plena e o corpo. Linguaxe do corpo. Os sentidos.
  • A respiración consciente e a relaxación.
  • A tensión. Como afecta a tensión no labor docente.
  • Intelixencia emocional e intelixencias múltiples.
  • Técnicas e dinámicas de aplicación na aula.

Impartido en

Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Joaquín Castaño Guasch

É formador de Mindfulness e Técnicas de Relaxación do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) e CFR (Centro de Formación e Recursos) da Xunta de Galicia.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos