A creación de empresas baseadas na investigación universitaria (Spin-off). Aspectos legais, técnicos e financeiros (Campus de Vigo)
Información do curso
A creación de empresas baseadas na investigación universitaria (Spin-off). Aspectos legais, técnicos e financeiros (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPSPIN17VI | ||||
Nome | A creación de empresas baseadas na investigación universitaria (Spin-off). Aspectos legais, técnicos e financeiros (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 8 | ||||
Descrición | Esta actividade formativa incidirá na análise do fenómeno da creación de empresas baseadas en resultados de investigación como alternativa de transferencia de tecnoloxía, afondando nos factores críticos de éxito para a viabilidade técnica e económica dos proxectos, as cuestións legais que poden afectar á institución e ao PDI, así como nas potenciais fontes de financiamento. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso A creación de empresas baseadas na investigación universitaria (Spin-off). Aspectos legais, técnicos e financeiros insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. O curso está coorganizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado e a e a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 05/10/2017 12:00 - 04/12/2017 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 11/12/2017 - 12/12/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
.
Obxectivos
- Analizar aquelas cuestións esenciais que un investigador/a debe coñecer á hora de xerar unha spin-off. A nivel conceptual, motivacional, xurídico, financiamento, viabilidade...
- Potenciar a difusión e sensibilización para a creación de empresas de orixe académica.
Calendario
Calendario: 11 e 12 de decembro.
Horario: de 10 a 14 horas.
Programa
- A creación de empresas: unha alternativa positiva para a transferencia de coñecemento.
- Viabilidade dunha empresa baseada no coñecemento universitario. Aspectos críticos e metodoloxías de análise.
- Marco xurídico para a creación de empresas de base no coñecemento: compatibilidade, excedencias, participación do PDI e da universidade no capital etc.
- Procedemento de aprobación da empresa a través da Universidade de Vigo.
- Fontes de financiamento públicas e privadas.
- Casos de éxito: a luz ao final do túnel…
Impartido en
Campus de Vigo. Sala IV do edificio Miralles.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan a todo o curso.
Profesorado
Roberto Graña Escalante
A súa actividade profesional está orientada á xestión da innovación e asesoramento empresarial, polo que desenvolveu funcións tanto en organismos públicos coma no sector privado. Ao longo do tempo exerceu diferentes responsabilidades no deseño, desenvolvemento e xestión de programas vinculados á innovación e emprendemento, sendo asesor na creación de Empresas Baseadas no Coñecemento e en procesos de transferencia de tecnoloxía en universidades coma a de Santiago de Compostela, Valladolid, Córdoba ou a Carlos III de Madrid.
Foi socio consultor de BluBusiness, Innovation and Bussines Development e na actualidade é o responsable da plataforma de consultoría EXEO (www.exeo.es), onde se dedica ao asesoramento de proxectos empresariais xurdidos de centros de investigación, así como a procesos de inversión en capital-risco e business angels.