Seminario Interreg: Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento

Información do curso

Seminario Interreg: Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento


Tipo Seminario Interreg
Código IR20170101
Nome Seminario Interreg: Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 3
Descrición

A Universidade de Vigo, en colaboración coa Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) promove este seminario de tres horas de duración (gratuíto e de acceso libre) para dar a coñecer os resultados da publicación "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento", un estudo coordinado polo autor Carlos Beltrán (Ex responsable de Programas de Cooperación, MINHAFP).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813440
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

No marco das novas políticas de aplicación dos fondos Interreg que se veñen promovendo dende a Comisión e o Comité das Rexións, a singularidade do investimento estrutural nas rexións europeas está cada vez en maior medida condicionado polas denominadas Estratexias RIS 3 de especialización intelixente.

Dos máis de 275 millóns de euros do FEDER destinados á CC.AA de Galicia, Norte de Portugal e outras rexións limítrofes do Eixo Atlántico transfronteirizo, preto de 30 millóns de euros (aproximadamente un 10% do total) poden xestionarse por asignación directa nas entidades municipais situadas na fronteira con Portugal, sempre e cando se opere en colaboración con clústeres empresariais, plataformas sectoriais e universidades suxeitas a Dereito Público.

No seu rol como axente dinamizador de inicitivas tractoras neste territorio singular, que é o que abrangue o Eixo Atlántico, a Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) ten promovido a elaboración e a coordinación dun informe para a valoración dos resultados dos programas europeos financiados con cargo ao FEDER, que leva por título: "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento".

Esta publicación quere clarificar as claves para unha boa xestión do investimento estrutural en bens de equipo e infraestruturas, á vez que identifica novas tendencias de futuro para o depósito de propostas comúns en materia de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal.

Entidades organizadoras

Comisionado para o desenvolvemento de plans estratéxicos (Vicerreitoría de Economía e Planificación - Universidade de Vigo).

Secretariado da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/09/2017 09:00 - 29/09/2017 12:00
Período de docencia 05/10/2017 - 05/10/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

  • Xestores/a de proxectos activos en materia de cooperación transfronteiriza (fondos FEDER, FSE, FC)
  • Directores/as de unidades e equipos de investigación con proxectos de cooperación transfronteiriza actualmente activos
  • Xestores/as de proxectos de innovación dotados con fondos estruturais para o investimento en infraestrutura material e bens de equipo
  • Investigadores/as interesados nas tendencias para a concesión de fondos Interreg no marco dos distintos programas operativos europeos

Obxectivos

  • Presentar a publicación editada en colaboración coa RIET: "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento"
  • Dar a coñecer os resultados na execución dos fondos Interreg para programación de investimento europeo de carácter transfronteirizo (2003-2014)
  • Debater sobre as tendencias a seguir para a consecución de propostas de axudas con cargo a financiamento europeo de tipo Interreg, e nas súas distintas modalidades.

Criterios de selección

A selección realizarase segundo a orde de rexistro e o aforo dispoñible (limitado a un total de 30 inscritos).

Calendario

Xornada única de tres horas de duración.

Data: 5 de outubro de 2017

Horario: 10:00 a 13:00 h 

Programa

PARTE PRIMEIRA.-

Presentación dos resultados da publicación: "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento", a cargo do coordinador do estudo, Carlos Beltrán:

  • Fundamentos e evolución da cooperación transfronteiriza
  • O contexto socioeconómico entre España e Portugal
  • A cooperación transfronteiriza no marco dos programas de financiamento das políticas de cohesión da UE
  • Os resultados dos programas de finaciamento estrutural (2000-2013)
  • O Tratado de Valencia
  • Gobernanza e cooperación transfronteiriza.

PARTE SEGUNDA.-

Turno de preguntas para a iniciación do debate, Luis Domínguez e Xavier M. Cobas:

  • Recomendacións
  • Plan de accións futuras
  • Conclusións.

Modo de pagamento

Seminario gratuíto.

Impartido en

Sala IV do Edificio Miralles. Campus Lagoas Marcosende

Profesorado

Carlos Beltrán (Coordinador da pubicación). MINHAFP.

Luis Domínguez. Cátedra Jean Monnet. Universidade de Vigo.

Xavier M. Cobas. Comisionado de plans estratéxicos na Vicerreitoría de Economía e Planificación da Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos