Deseño de páxinas web con software libre con Kompozer (Campus de Pontevedra)

Información do curso

Deseño de páxinas web con software libre con Kompozer (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPWEB17PO
Nome Deseño de páxinas web con software libre con Kompozer (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 16
Descrición

Unha páxina web sinxela pode facela calquera persoa cuns coñecementos básicos de informática. É o caso dun profesor/a que quere facer unha páxina web persoal ou unha páxina de apoio a un curso ou materia. Neste curso explicaremos como construír unha páxina web empregando o programa libre Kompozer.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Deseño de páxinas web con software libre con Kompozer  insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 26/07/2017 12:00 - 12/11/2017 23:59
Período de docencia 20/11/2017 - 29/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Deseñar páxinas web sinxelas.
  • Publicar páxinas web.
  • Empregar imaxes, táboas e ligazóns nas páxinas web.
  • Construír unha páxina web baseada en marcos.

Calendario

Calendario: 20, 22, 27 e 29 de novembro.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

  1. Deseño dunha páxina básica con Kompozer.

  2. Publicación na web.

  3. Menús e ligazóns.

  4. Táboas e imaxes.

  5. Marcos.

  6. Boas prácticas de deseño.

Impartido en

Campus de Pontevedra. Aula de informática da Facultade de Fisioterapia.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso e superen a parte virtual.

Profesorado

Xosé Antón Vila Sobrino

Profesor titular de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Posúe  máis de 20 anos de experiencia docente nas universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

Con experiencia previa na impartición de cursos de formación para docentes sobro emprego de ferramentas TIC na docencia.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos