Análise estatística con RCommander (Modalidade virtual)

Información do curso

Análise estatística con RCommander (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPR17
Nome Análise estatística con RCommander (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é un software liberado cunha licenza libre de referencia nos estudos estatísticos, e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos ou a realización de estudos estatísticos descritivos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Análise estatística con RCommander insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. A devandita actividade formativa está coorganizada pola Oficina de Software Libre (CIXUG) e a Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/07/2017 12:00 - 04/09/2017 23:59
Período de docencia 11/09/2017 - 08/10/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 10

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  •  Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

 

Obxectivos

Formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software estatístico comercial, como aos non iniciados no campo dos estudos estatísticos, no manexo de R, co seu ámbito gráfico RCommander.

A persoa ao finalizar a actividade formativa será quen de:

-Realizar de estatísticas descritivas.
-Manexar de datos.
-Crear de gráficos.
-Facer distribucións de probabilidade.
-Facer inferencias.
-Facer regresións lineais simples.

Criterios de selección

Ofertaranse 10 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Do 11 de setembro ao 8 de outubro.

Programa

Tema 1. Comezando con R

Tema 2. Instalación

Tema 3. Instalación de paquetes
            Instalación de paquetes RCommander

Tema 4. Uso de RCommander
            Menús de RCommander

Tema 5. Manexo de datos
            Recodificar variables
            Estudo descritivo de infeccións cirúrxicas
            Recodificar e filtrar variables

Tema 6. Creación de gráficos

Tema 7. Estatística descritiva

Tema 8. Distribucións de probabilidade

Tema 9. Inferencia
            Intervalos de confianza

Tema 10. Regresión lineal simple
             Diagnósticos numéricos

Tema 11. Engadidos no RCommander

 

Observacións

ACREDITACIÓN DA ACTIVIDADE

A realización desta actividade formativa será acreditada pola Oficina de Software Libre e a Universidade de Vigo a todas as persoas que aproben as diferentes actividades de avaliación:

-Participación (10 horas de conexión como mínimo) – 10%
-Probas de autoavaliación por tema – 50%
-Proba final – 40%

Profesorado

Miguel Ángel Rodríguez Muíños

Roberto Martín Souto (titor)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos