V Xornada Universitaria Galega en Xénero. Transformando dende a Universidade.
Información do curso
V Xornada Universitaria Galega en Xénero. Transformando dende a Universidade.
Descrición
Como cada ano desde 2013, as unidades de igualdad de xénero das tres universidades públicas galegas traballamos conxuntamente para facer realidade a quinta edición da Xornada Universitaria Galega en Xénero, punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero
Nesta edición, continuamos a liña de traballo iniciada en 2016 para centrarnos na práctica docente como medio idóneo para a transmisión dos valores igualitarios que permitan una auténtica transformación social; pero tamén, conscientes da necesidade das investigacións feministas e de xénero, que achegan os datos e instrumentos necesarios para acadar o ansiado cambio social, enfocarémonos en tres áreas temáticas de investigación. Como na edición anterior, abrimos a convocatoria ao persoaal docente e investigador de fóra doámbito do sistema universitario galego.
As áreas temáticas desta edición son:
Docencia:
- Prácticas docentes innovadoras con perspectiva de xénero nas aulas universitarias.
- Experiencias de inclusión da perspectiva de xénero noutras etapas educativas.
- Comunicación inclusiva: o uso da linguaxe e asimaxes na docencia.
Investigación:
- Perspectivas feministas na investigación universitaria.
- Representacións de xénero na cultura popular: avances e retrocesos.
- Diversidade sexual no ámbito educativo.
Entidades organizadoras
Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña.
Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 23/05/2017 09:18 - 30/06/2017 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 07/07/2017 - 07/07/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 120 |
Destinatarios/as
Todo o persoal docente e investigador das universidades galegas e do Estado Español.
Asociacións feministas e de mulleres.
Calquera persoa interesada.
Obxectivos
- Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de excelencia universitaria e como medio de transformación social.
- Intercambiar experiencias entre o persoal docente e investigador que teña integrado a perspectiva de xénero na súa práctica docente e/ou investigadora e quen teñainterese en incorporala.
- Impulsar o debate sobre os cambios nos roles de xénero para crear unha sociedade máis xusta e equitativa.
- Promover a creación de redes de colaboración multidisciplinares para integrar a perspectiva de xénero en toda a actividade universitaria.
Condicións de acceso
Por orde de inscrición ata completar aforo.
Inscrición a través do procedemento establecido en Bubela e nas datas fixadas.
Calendario
7 de xullo de 2017.
Programa
9.30-10.00 h Rexistro de asistentes.
10.00-10.30 h Inauguración polas autoridades universitarias.
10.30-11.30 h Conferencia inaugural titulada «Feminismos e movementos trans na encrucillada» a cargo de Raquel (Lucas) Platero Méndez, docente, investigador e activista dos dereitos LGTBIQ.
11.30-12.00 h Pausa café.
12.00-13.30 h PrimeIra sesión oral de comunicacións.
13.30-15.00 h Xantar-bufete.
15.00-16.30 h Sesión póster.
16.30-17.00 h Pausa café.
17.00-18.30 h Segunda sesión oral de comunicacións.
18.30-18.45 h Conclusións
18.45-19.00 h Entrega de diplomas.
Modo de pagamento
A Xornada será gratuíta.
A eficiencia no gasto público é responsabilidade de todas as persoas. Por iso, pedímoslle que antes de inscribirse na Xornada valore se realmente pode asistir e se, unha vez feita a inscrición lle resultase imposible, comunique á organización a súa ausencia. Isto evitará desbotar recursos contando co número de asistentes máis aproximado á realidade.
Impartido en
A V Xornada Universitaria Galega en Xénero. Transformando dende a Universidade terá lugar na sala de conferencias da sede de Vigo de A Fundación situada en Policarpo Sanz, 24-26.
Observacións
Tanto a asistencia como a presentación de traballos recibirán recoñecemento mediante a correspondente acreditación polas 3 universidades do sistema universitario galego.
Realizarase unha publicación con ISBN dos traballos presentados e defendidos.