Redacta con claridade e mellora a túa redacción
Información do curso
Redacta con claridade e mellora a túa redacción
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00039 | ||||
Nome | Redacta con claridade e mellora a túa redacción |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 15 | ||||
Descrición | Curso destinado a persoas interesadas en coñecer as claves e as técnicas para redactar de forma correcta, eficaz e actual. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/09/2017 09:00 - 22/09/2017 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 13/11/2017 - 01/12/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria e público en xeral.
Obxectivos
- Poñer en valor a utilidade de planificar e ordenar a información dos nosos textos.
- Presentar o concepto de lexibilidade e reflexionar sobre as variables que inflúen na lexibilidade dun texto.
- Traballar as cuestións que debemos ter en conta á hora de redactar e revisar o que escribimos.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de chegada da documentación.
Calendario
É un curso virtual.
Programa
PROGRAMA DO CURSO
Tema 1. Redactar con calidade
1.1 Comezar a escribir
1.2 Unha imaxe para a reflexión
1.3 A planificación
1.4 Definir o obxectivo
1.5 Xerar as ideas
1.6 Organizar o contido
1.7 A redacción do texto
Tema 2. Claves para unha redacción eficaz
2.1 O feito de escribir
2.2 A descontextualización
2.3 A estabilidade do texto
2.4 A adquisición
2.5 As resistencias
2.6 Unha lingua eficaz
2.7 Concepto de lexibilidade
2.8 Os rexistros
2.9 Tipos de rexistros
2.10 O estándar
Tema 3. Puntuar un texto
3.1 O punto
3.2 A coma
3.3 O punto e coma
3.4 Os dous puntos
3.5 Os puntos suspensivos
3.6 As aspas ou comiñas
3.7 O trazo ou guión
3.8 A interrogación e a admiración
Tema 4. Maiúsculas e minúsculas
4.1 Maiúsculas e minúsculas
4.2 Por que son complicadas a maiúsculas
4.3 Como escribimos
4.4 O nome de entidades
4.5 Para ter en conta
4.6 As denominacións de cargo
4.7 Os nomes de lugar
4.8 Os títulos de obras e leis
4.9 Os cronónimos
4.10 Os documentos acreditativos
4.11 Guía rápida
4.12 Maiúsculas
4.13 Con maiúscula só a primeira
4.14 Minúsculas
Tema 5. A revisión do texto
5.1 A revisión do texto
5.2 A coherencia
5.3 A cohesión
5.4 A redacción
5.5 Parágrafos
5.6 Frases
5.7 Palabras
5.8 A presentación
Modo de pagamento
Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral.
Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria acreditarán a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo da matrícula do curso 2017/2018 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).
As persoas que non pertenzan á Universidade terán que pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en Abanca, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:
- Concepto: código do curso (ANL00039)
- Importe: 40 euros
As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.
No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.
Impartido en
É un curso virtual.
Observacións
O curso estará recoñecido con 15 horas de traballo.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais do sistema de avaliación establecido.