A metodoloxía do traballo colaborativo (Modalidade virtual)

Información do curso

A metodoloxía do traballo colaborativo (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCOL171VIR
Nome A metodoloxía do traballo colaborativo (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

A aprendizaxe colaborativa é unha metodoloxía que axuda a promover unha aprendizaxe fonda e significativa; que xera motivación no alumnado; xestiona a heteroxeneidade; afonda na organización e xestión persoal e desenvolvemento de habilidades interpersoais.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso A metodoloxía de aprendizaxe colaborativa insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 23/02/2017 12:00 - 12/05/2017 23:59
Período de docencia 18/05/2017 - 21/06/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

       Para esta edición terán preferencia as persoas que quedaron na listaxe de espera da edición de marzo.

Obxectivos

  • Distinguir entre diferentes metodoloxías didácticas
  • Reflexionar sobre as posibilidades que ofrece o traballo colaborativo
  • Ser quen de aplicar a metodoloxía nun contexto ordinario de clase
  • Promover esta metodoloxía de cara a interiorizar actitudes positivas no alumnado

Calendario

Trátase dunha actividade virtual cunha duración de 20 horas en liña con unha proba de avaliación presencial.

Parte virtual: do 22 de maio ao 16 de xuño.
Proba de avaliación:
   Campus de Pontevedra: 19 de xuño de 16 a 17 horas.
   Campus de Ourense: 20 de xuño de 16 a 17 horas.
   Campus de Vigo: 21 de xuño de 16 a 17 horas.

Programa

  1. Introdución á metodoloxía de aprendizaxe colaborativa.
  2. Aspectos que caracterizan a clase tradicional.
  3. Diferenzas entre os sistemas de traballo.
  4. Características fundamentais da aprendizaxe colaborativa.
  5. Vantaxes e desvantaxes da metodoloxía.
  6. Obstáculos á aprendizaxe colaborativa.
  7. Por que é necesaria a aprendizaxe colaborativa?
  8. Como implantar a metodoloxía na aula.
  9. A aprendizaxe colaborativa como contido.
  10. Xeración de equipos de traballo:
    - Tamaño da agrupación.
    - Distribución do alumnado nos grupos.
    - Tempo que se vai a traballar en grupo.
    - Asignación de roles.

  11. Funcionamento dos equipos de traballo.
  12. Técnicas específicas da aprendizaxe colaborativa:
    - Crebacabezas.
    - Torneos de grupos.
    - Ensino acelerado por equipos.
    - Investigación grupal.
    - Estrutura de controversia.

  13. Dinámicas dentro dos equipos base.
  14. Avaliación.

Impartido en

Será en modalidade virtual agás a proba de avaliación que será presencial.

As probas de avaliación desenvolveranse os seguintes días:

    Campus de Pontevedra: 19 de xuño de 16 a 17 horas.
   Campus de Ourense: 20 de xuño de 16 a 17 horas.
   Campus de Vigo: 21 de xuño de 16 a 17 horas.

 

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas que superen as diferentes actividades de avaliación do curso.

Profesorado

Área de Formación e Innovación Educativa

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos