Atopa o teu curso

Información do curso

Design Thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do persoal docente
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Código PFPPDESIN17VI
Nome Design Thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos (Campus de Vigo)
Modalidade presencial
Horas 20
Descrición

O Design Thinking (DT) é unha metodoloxía interactiva para o desenvolvemento de proxectos en base a tarefas de empatía, definición, xeración de ideas, prototipado e experimentación. Esta metodoloxía foi desenvolvida en Stanford e ten sido aplicada por numerosas empresas de éxito.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Design thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. O curso está organizado pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/01/2017 12:00 - 11/04/2017 23:59
Período de docencia 18/04/2017 - 03/05/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 8
Número máximo de participantes 16

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  •  Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Entender os fundamentos do Design Thinking.
  • Dominar as fases da metodoloxía do Design Thinking para guiar o desenvolvemento de proxectos do alumnado.
  • Coñecer os instrumentos de soporte para a implantación do Design Thinking (técnicas de ideación, de observación, de prototipado rápido, de entrevista e escoita activa etc).

Calendario

Días: 18, 20, 25, 27 de abril e 3 de maio.
Horario: de 10 a 14 horas.

Programa

  • Introdución e presentación. Orixe do Design Thinking (DT). Obxectivos, exemplos de éxito. Empatía. Realización de entrevistas, escoita activa, captura de información...
  • Definición. Mind maps. Visualización de retos.
  • Ideación. Técnicas de ideacion. Brainstorming. Mind maps. Storytelling.
  • Técnicas de prototipado. Realización dun prototipo de baixa definición.
  • Realización e probas.
  • Data límite para a entrega da memoria final.

Impartido en

Campus de Vigo. Aula Pensadoiro  (LD02) da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Observacións

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Manuel J. Fernández Iglesias

É profesor titular de universidade na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo desde 1997. Participou coma docente no curso intensivo do Lifelong Learning Programme da Unión Europea «DESTINE-Design Thinking in Engineering» que se desenvolveu na Universidade Técnica de Lodz (Polonia) no verán do 2014. Coordina na Universidade de Vigo o proxecto «DiamonDT-Development of Innovative Academy on the Basis of DT Teaching» dirixido pola Universidade Técnica de Lodz. Ten varias publicacións en revistas indexadas no campo de e-learning e a docencia asistida por computador.

Íñigo Cuiñas Gómez

É catedrático de universidade na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, da que actualmente é director. Participa no proxecto «DiamonDT-Development of Innovative Academy on the Basis of DT Teaching» dirixido pola Universidade Técnica de Lodz. Ten varias publicacións en congresos e revistas indexadas nos ámbitos de innovación educativa e aprendizaxe baseada en xogos.

Perfecto Mariño Espiñeira

É catedrático de universidade na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Imparte docencia na devandita escola e na Escola de Enxeñaría Industrial. Ten desenvolvido máis de 40 proxectos de innovación con empresas como Citröen, Unión Fenosa, Anfaco, Castrosua etc. Posúe unha patente en instrumentación distribuída para transformadores de potencia e participa habitualmente coma experto en programas de investigación o desenvolvemento tecnolóxico europeos, estatais e rexionais.

Manuel Caeiro Rodríguez

É profesor contratado doutor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Realizou a súa tese no ámbito de e-learning  sobre linguaxes de modelado educativo. Desde o ano 2012 é coordinador da rede de investigación TELGalicia, sobre innovación educativa. Ten participado en numerosos proxectos relacionados coa aplicación de novas tecnoloxías na educación; estandarización en ASPECT, innovación en iTEC, xogos en eCity, Design Thinking en DiamonDT, aprendizaxe autorregulada etc.

Enrique Costa Montenegro

É profesor contratado doutor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Entre outras materias, imparte docencia na materia de Laboratorio de Proxectos do Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación.

Francisco Javier Díaz Otero

É profesor contratado doutor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Entre outras materias, imparte docencia na materia de Laboratorio de Proxectos do Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación. Antes da súa incorporación á Universidade de Vigo en 2012, traballou como consultor senior na área de servicios TI, sistemas e comunicacións, e desempeñou diversas funcións técnicas e de xestión na empresa privada.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos