Como expoñer o teu traballo de investigación

Información do curso

Como expoñer o teu traballo de investigación


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00037
Nome Como expoñer o teu traballo de investigación
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 10
Descrición

Curso destinado a persoas interesadas en mellorar a comunicación oral na exposición do TFG, TFM, tese etc.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/02/2017 09:00 - 17/02/2017 14:00
Período de docencia 18/04/2017 - 27/04/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria e público en xeral.

Obxectivos

1. Mellorar a calidade das presentacións

2. Traballar na simplicidade como recurso para un discurso eficaz

3. Incidir nos elementos fundamentais para unha boa posta en escena

4. Incentivar o uso da lingua galega nas súas comunicacións

Criterios de selección

Por rigorosa orde de chegada da documentación.

Calendario

As clases impartiranse os martes e os xoves do 18 ao 27 de abril de 2017 (de 16.00 a 18.30 h).

Programa

PROGRAMA DO CURSO

 

1   Comunicar, unha habilidade que se desenvolve

2   Elementos para unha mensaxe eficiente: adecuación, coherencia, cohesión e gramaticalidade

3   O discurso espontáneo: realidade ou mito?

     3.1   A importancia da preparación

     3.2   A estrutura tipo

     3.3   O desenvolvemento do discurso. O tempo

     3.4   Da escrita á oralidade: a exposición do discurso

     3.5   O importante: crear o hábito

4   Falar a través do corpo: a linguaxe non verbal

5   Buscando aliados: a voz

     5.1  A entoación

     5.2  O timbre

     5.3  Volume e velocidade

6   A elaboración de presentacións para as exposicións

     6.1  Estrutura da presentación

     6.2  Posibilidades de aproveitamento

7   Modelos para as nosas presentacións visuais

     7.1  Traballar con modelos

     7.2  Modificar modelos

8   Como expoñer e defender oralmente un traballo académico

 

 

 

 

Modo de pagamento

Gratis para os membros da comunidade universitaria e 20 euros para o público en xeral.

Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria terán tres días para acreditar a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo de matrícula do curso 2016/2017 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).

As persoas que non pertenzan á Universidade terán un prazo de tres días para pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en Abanca, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:

  • Concepto: código do curso (ANL00037)
  • Importe: 20 euros

As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.

No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.

Impartido en

Campus de Ourense: Facultade de Dereito

Campus de Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Observacións

O curso estará recoñecido con 10 horas de traballo.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

Para obter o diploma correspondente cómpre asistir a un 80 % das clases.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos