Desenvolvemento de negocio para a comercialización de capacidades e resultados de investigación (Campus de Ourense)

Información do curso

Desenvolvemento de negocio para a comercialización de capacidades e resultados de investigación (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPDES17OU
Nome Desenvolvemento de negocio para a comercialización de capacidades e resultados de investigación (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

Esta actividade formativa ten o seu cerne na aplicación de metodoloxías de desenvolvemento de negocio  (Business Model Canvas e Lean Startup) para a análise e avaliación do potencial comercial das capacidades e resultados dun grupo de investigación universitario, identificando segmentos de clientes/as e as súas motivacións para adquirir o coñecemento desenvolvido por dito grupo. Todo iso co obxecto de obter información para elixir a mellor fórmula para transferilo ao mercado: licenza patente/know-how, empresa de base tecnolóxica, servizo, I +D+i colaborativa etc.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Desenvolvemento de negocio para a comercialización de capacidades resultados de investigación insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está coorganizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado e a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 12/01/2017 12:00 - 01/03/2017 23:59
Período de docencia 07/03/2017 - 14/03/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

Que as persoas asistentes sexan quen de identificar potenciais clientes/as e desenvolver o modelo de  negocio adecuado para comercializar o coñecemento xurdido da actividade investigadora.

Calendario

Calendario: 7 e 14 de marzo.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

Día 7 de marzo:
  -Coñecemento da metodoloxía.
  -Identificación de tecnoloxías.
  -Coñecemento do/a cliente.
  -Desenvolvemento do modelo de negocio.
 
Día 14 de marzo:
  -Get out of Building.
  -Validación.
  -Perfeccionamento do modelo de negocio.

Impartido en

Campus de Ourense. Aula 0.2 do edificio Facultades.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas que asistan a todas as sesións do curso.

Profesorado

Roberto Graña Escalante

A súa actividade profesional está orientada á xestión da innovación e asesoramento empresarial, polo que desenvolveu funcións tanto en organismos públicos coma no sector privado. Ao longo do tempo exerceu diferentes responsabilidades no deseño, desenvolvemento e xestión de programas vinculados á innovación e emprendemento, sendo asesor na creación de Empresas Baseadas no Coñecemento e en procesos de transferencia de tecnoloxía en universidades coma a de Santiago de Compostela, Valladolid, Córdoba ou a Carlos III de Madrid.

Na actualidade participa no proxecto da consultaría BluBusiness, Innovation and Bussines Development, especializado no desenvolvemento de negocio arredor da ciencias, tecnoloxía e innovación. O seu perfil compleméntase coa actividade docente e conferenciante, así coma de investigador nas áreas relacionadas co súa labor profesional.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos