"Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico" (15ª edición)

Información do curso

"Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico" (15ª edición)


Tipo Outros cursos
Código BIB015
Nome "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico" (15ª edición)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 30
Descrición

O curso pretende dar a coñecer as fontes de información, as técnicas e estratexias axeitadas para a realización dun traballo académico.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813843
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso proporcionará aos estudantes as competencias informacionais básicas no acceso, uso e xestión da información, permitíndolle:

  • Ser autónomo na busca de información para a realización de traballos.
  • Coñecer e usar un maior número de recursos de información fiables e pertinentes.
  • Desenvolver a capacidade de crítica e análise fronte a sobreabundancia de información.
  • Mellorar a súa capacidade de xestión e organización da información recuperada.
  • Facer un uso ético e legal da información, evitando o plaxio nos traballos académicos.

Entidades organizadoras

Biblioteca Universitaria de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 23/01/2017 15:00 - 05/02/2017 23:59
Período de docencia 13/02/2017 - 17/03/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1

Destinatarios/as

O curso está aberto ao alumnado matriculado actualmente en estudos oficiais da Universidade de Vigo, aínda que está orientado especialmente ao alumnado dos últimos cursos.

Obxectivos

- Recoñecer a necesidade de información.
- Distinguir tipos de documentos.
- Distinguir fontes de información.
- Identificar os principais recursos de información da Biblioteca Universitaria de Vigo, as súas características e modo de acceso.
- Identificar outros recursos de información na rede de interese académico.
- Elaborar estratexias de busca axeitadas.
- Desenvolver a capacidade de avaliar a información e as fontes.
- Identificar os distintos tipos de xestores bibliográficos e coñecer as súas funcionalidades.
- Elaborar e interpretar citas bibliográficas.
- Usar legal e eticamente a información.
- Crear alertas por correo-e e RSS en distintos recursos de información.
- Identificar e aplicar as funcionalidades da Web social á busca e xestión da información.

Condicións de acceso

Alumnado matriculado en estudos oficiais da Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Programa

  1. A información
  2. Como buscar información
  3. Recursos de información na Biblioteca:
    - Catálogo 
    - Bases de datos
    - Dialnet
    - Revistas e libros electrónicos
  4. Outros recursos en internet:
    - Acceso aberto á información científica
    - Buscadores científicos
  5. Avaliar a información e as súas fontes
  6. Como manterse actualizado: Alertas e RSS
  7. Usar e comunicar a información:
    - O uso ético e legal da información
    - Citas e referencias bibliográficas: normas e estilos
    - Os xestores bibliográficos
  8. A web social

Modo de pagamento

Gratuíto

Impartido en

Faitic

Profesorado

Persoal da Biblioteca Universitaria de Vigo

Sistema de avaliación

No curso hai dous tipos de actividades: obrigatorias e voluntarias, ambas puntúan pero en distinta proporción. É preciso realizar as actividades obrigatorias para superar o curso. A nota final calcularase sobre un máximo de 10, sendo preciso acadar un mínimo de 5 para obter a cualificación de apto.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos