A Universidade: acceso, orientación e aspectos de interese
Información do curso
A Universidade: acceso, orientación e aspectos de interese
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | SIOPE2017 | ||||
Nome | A Universidade: acceso, orientación e aspectos de interese |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Descrición | Dadas as novidades de acceso que van ter lugar este próximo curso 17/18 nesta nova edición do curso repasaremos toda a nova normativa vixente. A maiores, pretendemos tamén tocar temas de interese relacionados coa orientación académica e profesional e o apoio educativo, repasando os diferentes sistemas utilizados na Uvigo e algúns outros exemplos externos.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986-812693 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
SIOPE (Sección de Información, Orientación e Promoción do Estudantado)
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 10/10/2016 14:00 - 22/01/2017 15:37 |
---|---|
Período de docencia | 06/02/2017 - 17/03/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
- Orientadores de ensino secundario e FP
- Profesores de ensino secundario e FP
- Organos de dirección de ensino secundario e FP
- Outros profesionais educactivos interesados
Condicións de acceso
Haberá que realizar a matrícula a través deste mesmo programa no prazo establecido
Criterios de selección
Os solicitantes serán admitidos ata completar o número de prazas establecido
Obxectivos
- Facilitar o achegamento entre profesionais de ensino medio/FP coa Universidade
- Repasar as novidades respecto a acceso ás universidades que terán lugar no próximo curso
- Explorar as experiencias de orientación académica, profesional e vocacional na Uvigo así como noutros eidos
Profesorado
SIOPE, Universidade de Vigo e profesionais doutros eidos
Programa
- 1º SESIÓN PRESENCIAL (23 novembro 9.30-13.30 aprox.). "Orientación académica e profesional". Campus Vigo, Ourense e Pontevedra simultaneamente (ver nota final)
- Parte en liña. (6 febreiro-17 marzo) Temario
- Orientación vocacional
- Recursos de apoio e orientación na Uvigo. Outros casos.
- Problemas de aprendizaxe
- Acceso I: FP
- Acceso II: Universidade
- Admisión á Universidade: novidades
- 2º SESIÓN PRESENCIAL (marzo). "Novidades de acceso". Campus Vigo, Ourense e Pontevedra simultaneamente (ver nota final)
NOTA FINAL: As sesións presenciais celebraránse simultaneamente nas salas de videoconferencia dos tres campus da Universidade de Vigo: Vigo (Lagoas-Marcosende), Ourense e Pontevedra. O noso sistema de Access Grid permite unha conexión a tempo real entre as tres salas polo que, ainda que a maioría dos relatores estean no campus de Vigo, as persoas que decidan seguir estas sesións dende os campus de Pontevedra ou Ourense poderán seguir as charlas e realizar intervencións e preguntas nas mesmas.
Calendario
O curso será impartido en liña na súa gran maioría nos meses de febreiro e marzo (do 6 de febreiro ao 17 de marzo) Contempla tamén dúas sesións presenciais: unha no mes de novembro (antes do inicio do curso en liña) e outra no mes de marzo (ao finalizar o curso en liña)
Modo de pagamento
Gratuíto
Impartido en
O curso en liña será impartido a través de plataforma de teledoncencia FAITIC. As sesións presenciais serán impartidas, de forma simultanea nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da nosa universidade gracias ao sistema de videoconferencia que conecta en tempo real as tres salas.
Sistema de avaliación
Ao finalizar cada tema do curso en liña os participantes terán que pasar un test/actividade para dar como superado o módulo. A maiores a asistencia ás dúas sesións presenciais será obrigatoria. En caso de que alguén non poida asistir por motivos laborais, poderá realizar unha actividade de avaliación paralela no seu lugar.