Estratexias para liderar en feminino - CAMPUS DE OURENSE

Información do curso

Estratexias para liderar en feminino - CAMPUS DE OURENSE


Tipo Cursos de formación do persoal
Código PFPPEST16OU
Nome Estratexias para liderar en feminino - CAMPUS DE OURENSE
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 16
Descrición

A actividade formativa pretende incrementar a capacidade de liderado entre as  mulleres do PAS e PDI, achegarse a modelos de  liderado non autoritarios, adquirir capacidade de autonomía, desenvolver estratexias para exercer a capacidade de liderar e intercambiar experiencias e modos de facer con perspectiva de xénero.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Estratexias para liderar en feminino de insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2016. A devandita acción formativa está coorganizada pola Unidade de Igualdade e a Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 29/07/2016 12:00 - 03/10/2016 23:59
Período de docencia 13/10/2016 - 07/11/2016

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 8

Destinatarios/as

A actividade formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador feminino da Universidade de Vigo. 

Obxectivos

  • Incrementar a capacidade de liderado entre as mulleres PDI e PAS.
  • Achegarse a modelos de liderado non autoritarios.
  • Aprender a representar os intereses propios.
  • Adquirir capacidade de autonomía.
  • Desenvolver estratexias para exercer a capacidade de liderar.
  • Intercambiar experiencias e modos de facer con perspectiva de xénero.
  • Aumentar a presenza feminina en espazos públicos e de representación na Universidade de Vigo.
  • Tecer redes de apoio.
  • Fortalecer aptitudes políticas e de participación pública.

Criterios de selección

Ofertaranse oito prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Calendario: 13, 14, 17 e 18 de outubro e 2, 3, 4 e 7 de novembro.
Horario: de 12.30 a 14.00 horas.

Programa

1. Claves para o empoderamento (8 horas):
   -Estratexias para desenvolver a autonomía e o liderado
    Obradoiro práctico (4 horas)
   -Comunicar sen medos
    Obradoiro práctico (4 horas)

2. Quebrar invisibilidades: experiencias de liderados femininos (8 horas):
    Ámbitos: político (2 horas), sindical (2 horas),  docente (2 horas) e administrativo (2 horas)

Impartido en

Campus de Ourense. Aula 2.3 (2º andar) da Facultade de Ciencias da Educación.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a sete sesións presenciais completas das oito que ten o curso.

Profesorado

Mª del Mar Fernández Cendón
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e Mestrado Universitario en Estudos de Xénero.

Eilén Kendelman


Colaboradoras:

Paz Filgueira
Estudou Dereito  na Universidade de Santiago  de Compostela,   membro da carreira xudicial dende  hai 16 anos, comezou como  xuíza en Lalín,  seguidamente en ascenso a Ferrol, pasando posteriormente polo Xulgado do Social en Santiago de Compostela, e dende o ano 2012 destinada en  Vigo en Violencia  Sobre a Muller. Membro de Xuíces(zas) para a democracia, ámbito administrativo, 24 de outubro en Vigo e 4 de novembro en Ourense.

Carme Adán Villamarín
Doutora en Filosofía e deputada pola provincia de Pontevedra no Parlamento galego. Foi secretaria xeral da Igualdade na Xunta de Galicia entre agosto de 2005 ata xaneiro de 2009. Participará o día 30 de abril na parte sobre a temática do ámbito político.

Elena Vázquez Cendón
Profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela do departamento de Matemática Aplicada, pertence ao Seminario Mulleres e Universidade da USC, coordinadora xeral do Mestrado en Matemática Industrial da mesma universidade  e de  ESTALMAT-Galicia, forma parte da Comisión de Mulleres e Matemáticas da Real Sociedade Matemática Española (RSME), ámbito docente, 27 de outubro en Vigo e 7 de novembro en Ourense.

María del Carmen Ferreiro Santos

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos