Análise estatística con RCommander - MODALIDADE VIRTUAL
Información do curso
Análise estatística con RCommander - MODALIDADE VIRTUAL
| Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
| Código | PFPPPR16 | ||||
| Nome | Análise estatística con RCommander - MODALIDADE VIRTUAL |
|
|||
| Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
| Horas | 20 | ||||
| Descrición | A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é un software liberado cunha licenza libre de referencia nos estudos estatísticos, e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos ou a realización de estudos estatísticos descritivos. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986812035 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
O curso de Análise estatística con RCommander insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2016. A devandita actividade formativa está coorganizada pola Oficina de Software Libre (CIXUG) e Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 06/07/2016 12:00 - 06/09/2016 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 12/09/2016 - 07/10/2016 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 0 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 15 |
Destinatarios/as
O curso está destinado a todo o profesorado e persoal investigador da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Ofertaranse 15 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.
Obxectivos
Formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software estatístico comercial, como aos non iniciados no campo dos estudos estatísticos, no manexo de R, co seu ámbito gráfico RCommander.
A persoa ao finalizar a actividade formativa será quen de:
-Realizar de estatísticas descritivas.
-Manexar de datos.
-Crear de gráficos.
-Facer distribucións de probabilidade.
-Facer inferencias.
-Facer regresións lineais simples.
Profesorado
Miguel Ángel Rodríguez Muíños
Roberto Martín Souto (titor)
Programa
Tema 1. Comezando con R
Tema 2. Instalación
Tema 3. Instalación de paquetes
Instalación de paquetes RCommander
Tema 4. Uso de RCommander
Menús de RCommander
Tema 5. Manexo de datos
Recodificar variables
Estudo descritivo de infeccións cirúrxicas
Recodificar e filtrar variables
Tema 6. Creación de gráficos
Tema 7. Estatística descritiva
Tema 8. Distribucións de probabilidade
Tema 9. Inferencia
Intervalos de confianza
Tema 10. Regresión lineal simple
Diagnósticos numéricos
Tema 11. Engadidos no RCommander
Calendario
Do 12 de setembro ao 7 de outubro de 2016.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ACTIVIDADE
A realización desta actividade formativa será acreditada pola Oficina de Software Libre e a Universidade de Vigo a todas as persoas que aproben as diferentes actividades de avaliación:
-Participación (10 horas de conexión como mínimo) – 10%
-Probas de autoavaliación por tema – 50%
-Proba final – 40%


