El papel de los pabellones de Conveniencia en el sector de la pesca e normativa da Unión Europea

Información do curso

El papel de los pabellones de Conveniencia en el sector de la pesca e normativa da Unión Europea


Tipo Outros cursos
Código MNT0301
Nome El papel de los pabellones de Conveniencia en el sector de la pesca e normativa da Unión Europea
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 4
Descrición

 O PAPEL DOS PABELLONES DE CONVENIENCIA NO SECTOR DA PESCA E NORMATIVA DA UNIÓN EUROPEA

Workshop: Fighting pavilions of convenience within the European Unión . Jean Monnet Module: “Summer Course Crossing Borders in the European Area of Justice: Civil, Commercial and Criminal Matters (Nr. Ref. 2013/2942)"

 O uso de bandeiras de conveniencia é a práctica de rexistrar os buques cos Estados do pabellón que non poden ou non desexan exercer a xurisdicción penal sobre eles. As bandeiras de conveniencia utilízanse frecuentemente para ocultar a propiedade dos buques, e pode servir para varios propósitos: regulaciones mais flexibles en materia de fiscalidade  ou en materia laboral ou de seguridade e hixiene  ao non estar suxeitas a ningún tipo de control ou inspeccións

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813887
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O uso de bandeiras de conveniencia é a práctica de rexistrar os buques cos Estados do pabellón que non poden ou non desexan exercer a xurisdicción penal sobre eles. As bandeiras de conveniencia utilízanse frecuentemente para ocultar a propiedade dos buques, e pode servir para varios propósitos: regulaciones mais flexibles en materia de fiscalidade  ou en materia laboral ou de seguridade e hixiene  ao non estar suxeitas a ningún tipo de control ou inspeccións. 

A pesca ilegal, non declarada e non reglamentada (Pesca INDNR)  coñecida comúnmente como a “pesca ilegal” ou a “pesca pirata”  constitúe un fenómeno global que afecta, a día de hoxe, a todos os mares e océanos. Esta práctica ilícita de pesca non cumpre coas medidas de conservación e ordenación dos recursos pesqueros aplicables en alta mar e nas augas jurisdiccionales dos Estados ribeireños, e, frecuentemente, levada a cabo por buques con pabellón de conveniencia ou matriculados en rexistros abertos, e neste caso non existe unha relación auténtica, un vínculo xenuino, co Estado de pabellón. En moitos dos casos, estes Estados carecen dos recursos necesarios ou da vontade de supervisar e controlar a actividade desenvolvida polos buques pesqueros que ondean o seu pabellón, permitindo, deste xeito, que as operacións desta pesca ilícita eviten a regulación existente en materia pesquera e os controis decididos respecto diso.

Este escenario pesquero representou e segue representando na actualidade unha fonte de gran preocupación por parte da Comunidade internacional. Para facerlle fronte, foron deseñadas distintas accións a nivel internacional e tamén a escala rexional e nacional.

Este Seminario proponse presentar e analizar precisamente cal é o marco xurídico internacional aplicable a día de hoxe na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non reglamentada, por unha banda, e en qué consiste o sistema de loita contra esta pesca ilícita creado pola Unión Europea nos últimos tres lustros aproximadamente.

 Tamén se abordan os pabellóns de conveniencia desde a perspectiva penal y entre outros os seguintes temas:

A competencia jurisdiccional dos Tribunais españois: competencia por personalidade activa (delitos fiscais, claramente) a difícil competencia extraterritorial en pesca destrutiva.

A impunidade do pirateo en relación coa destrución de especies.

Os problemas da pesca irregular e da libre competencia

As bandeiras de conveniencia e a jurisdicción á que se someten eses buques

A inactividad dos Estados de pabellón e a ausencia de principios jurisdiccionales alternativos: a xustiza supletoria

Os delitos en presenza posible: delitos fiscais, blanqueo de capitais, delitos contra a fauna mariña, delitos contra dereitos dos traballadores, delitos contra a libre competencia ou de alteración do prezo das cousas

 

 

Entidades organizadoras

Coordinación: 

Prfª. Dr. Inma Valeije Álvarez,

Titular de Dereito Penal Universidade de Vigo

Centro Europeo de Excelencia Jean Monnet da Universidade de Vigo

 Teléfonos: 986- 813887

 Email: inma@uvigo.es

https://jeanmonnetcentrodeexcelenciauvigo.wordpress.co 

 LIFE LONG LEARNING PROGRAME

CAMPUS DO MAR. CAMPUS DE EXCELENCIA INTERNACIONAL

ILMO COLEXIO DE AVOGADOS DE VIGO

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 27/05/2016 13:26 - 14/06/2016 14:00
Período de docencia 15/06/2016 - 15/06/2016

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 80
Créditos teóricos 4
Créditos prácticos 0
Créditos ECTS 0
Validación de libre elección 0

Destinatarios/as

De especial interese para avogados, xuices, fiscais e persoal da administración de xustiza, investigadores e profesionais do sector pesqueiro e para estudantes de grado e posgrado

 

Condicións de acceso

A asistencia al Curso es gratuíta previa inscripción.Aceptaranse inscripcións ata o 14 de xunio as 14:00 h e ata completar aforo

Criterios de selección

Non hay

Calendario

Mercores 15 de xunio  de 2016

Programa

Programa:
16.30h.: Inauguración

 Dona Lourdes Carballo Fidalgo, Decana do Ilmo Colexio de Avogados de Vigo

16. 45h. Pabellones de conveniencia e pesca ilegal: marco xurídico internacional e da Unión Europea

Presentación: Prfª.  Dr Inma Valeije Álvarez

Profesora Titular de Dereito Penal da Universidade de Vigo

Ponente: Profª Drª  Gabriela Alexandra Oanta,

Profesora Contratada Doutora (acreditada Titular) de Dereito Internacional Público e Relacións internacionais. Secretaria académica do Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga" da Universidade da Coruña

 17:45: Rolda de preguntas

 18:00h.: Jurisdicción penal e Pabellón de conveniencia

Presentación: Don Juan Carlos Aladro, Fiscal Xefe Provincial de Pontevedra 

Ponente: Prof. Dr. Don  Gonzalo Quntero Olivares Catedrático de Dereito Penal da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona.

19: 30h. Rolda de preguntas e Coloquio

20:00 h: Fin da Xornada

Modo de pagamento

A asistencia al Curso es gratuíta previa inscripción.

Impartido en

 

Salón de Actos do Ilmo. Colexio de Avogados de Vigo. 
Rúa Lalín núm. 4 Edificio Xulgados. 36210 Vigo (Pontevedra)

 

Observacións

 "This project has been funded with support from the European Commission. This publication [communication] reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein."

LIFE LONG LEARNING PROGRAME

UNIVERSIDAD DE VIGO

CENTRO EUROPEO DE EXCELENCIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

COLABORAN

 CAMPUS DO MAR. CAMPUS DE EXCELENCIA INTERNACIONAL

ILMO COLEXIO DE AVOGADOS DE VIGO

 

Titulación

Entregarase un diploma de asistencia expedido  polo Centro Europeo de  Excelencia Jean Monnet da UVIGO (Director Prof. Dr. D. Luís Domínguez Castro) 

Profesorado

Dona Lourdes Carballo Fidalgo, Decana do Ilmo Colexio de Avogados de Vigo

Prfª.  Dr Inma Valeije Álvarez. Profesora Titular de Dereito Penal da Universidade de Vigo

Profª Drª  Gabriela Alexandra Oanta. Profesora Contratada Doutora (acreditada Titular) de Dereito Internacional Público e Relacións internacionais. Secretaria académica do Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga" da Universidade da Coruña

Don Juan Carlos Aladro, Fiscal Xefe Provincial de Pontevedra 

Prof. Dr. Don Gonzalo Quintero Olivares Catedrático de Dereito Penal da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona.

 

Sistema de avaliación

Non hay 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos