Curso de linguaxe e redacción xurídica

Información do curso

Curso de linguaxe e redacción xurídica


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00034
Nome Curso de linguaxe e redacción xurídica
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

Curso destinado a persoas interesadas en coñecer un modelo de linguaxe xurídica galega de calidade.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/02/2016 09:00 - 26/02/2016 14:00
Período de docencia 05/04/2016 - 05/05/2016

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria e público en xeral.

Obxectivos

  1. Coñecer as características principais do tecnolecto xurídico.
  2. Asentar un modelo de linguaxe xurídica galega de calidade.
  3. Familiarizarse coas peculiaridades morfolóxicas e sintácticas do galego xurídico.
  4. Profundar no proceso de modernización estilística da linguaxe xurídica.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de entrega de documentación.

Calendario

As clases impartiranse os martes e os xoves, de 18.00 a 20.00 horas, a partir do 5 de abril (cancelado).

Programa

PROGRAMA DO CURSO

 

1  Lexislación sobre a lingua galega

2  A linguaxe xurídica galega desde a Idade Media ata hoxe

3  A lingua

    3.1  Acentuación

    3.2  Puntuación

    3.3  Cuestións de tipo gramatical

    3.4  Cuestións de tipo léxico

    3.5  Aspectos estilísticos e de redacción

4  Tipoloxía básica da documentación xurídica

5  A redacción xurídica

    5.1  A lingua xurídica como linguaxe de especialidade

    5.2  Vicios da linguaxe xurídica: escuridade, falta de precisión, puntuación deficiente, escrita telegráfica...

    5.3  Criterios-principios (xerais) para unha boa redacción xurídica

    5.4  Alternativas para evitar o uso sexista na linguaxe xurídica

6  A situación sociolingüística do galego no ámbito xurídico

7  Recursos lingüísticos

    7.1  Dicionarios

    7.2  Tradutores

    7.3  Correctores

    7.4  Recursos léxico-terminolóxicos

    7.5  Recursos onomásticos

    7.6  Enlaces a páxinas web de interese para o uso do galego no ámbito xurídico

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Modo de pagamento

Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral.

Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria terán tres días para acreditar a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo de matrícula do curso 2015/2016 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).

As persoas que non pertenzan á Universidade terán un prazo de tres días para pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en Abanca, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:

  • Concepto: código do curso (ANL00034)
  • Importe: 40 euros

As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.

No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.

Impartido en

Campus de Ourense: Facultade de Dereito (seminario 01) (cancelado)

Observacións

O curso estará recoñecido con 20 horas de traballo e 1 crédito de libre elección.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

Para obter o diploma correspondente, cómpre asistir a un 80 % das clases, ademais de superar o sistema de avaliación establecido.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos