Competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional - CAMPUS DE VIGO

Información do curso

Competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional - CAMPUS DE VIGO


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCOM16VI
Nome Competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional - CAMPUS DE VIGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

As competencias transversais son aquelas xenéricas e comúns para a maioría das profesións e que se relacionan coa posta en práctica integrada de aptitudes, trazos da personalidade, coñecementos e valores adquiridos. Esta actividade formativa ten como finalidade afondar no desenvolvemento das competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional (autoestima, empatía, asertividade, traballo en equipo, resolución de conflitos...).

Este curso enmárcase dentro do Proxecto piloto de implantación dun modelo de orientación titorial baseado na mentoría entre pares na Universidade de Vigo.  Esta iniciativa xurdiu a partir do MEET-teleco  (PAT da Enxeñaría de Telecomunicación). Na actualidade desenvólvese en dous graos e a raíz dos seus bos resultados, estase apoiando a implementación noutros centros da universidade. Consiste en que o alumnado de cursos superiores sexa formado e actúe coma mentor do alumando do primeiro curso.

Esta acción formaría parte dunha serie de actividades encamiñadas á xeración dun equipo para seguir desenvolvendo o proxecto. Formaranse ás persoas que desexen participar en competencias e diferentes tarefas relacionadas con este modelo de mentoría.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2016. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Páxina web do curso

http://goo.gl/1O2N5k

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 27/11/2015 12:00 - 15/01/2016 00:00
Período de docencia 25/01/2016 - 01/02/2016

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

A actividade formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Que as persoas que participen poidan mellorar as súas competencias transversais
  • Adquirir ferramentas para a posta en práctica no seu traballo

Calendario

Calendario: 25, 26, 27, 28 de xaneiro e 1 de febreiro.
Horario: de 16.30 a 20.30 horas.

Programa

  1. Que son as competencias transversais

  2. Aplicación para o desenvolvemento persoal e profesional

  3. Competencias da intelixencia emocional:
    Autocoñecemento
    Autoestima
    Asertividade

  4. Competencias da intelixencia social:
    Liderado e autoliderado
    Traballo en equipo
    Empatía
    Comunicación

Impartido en

Campus de Vigo. Sala de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a 4 sesións das 5 que ten o curso.

Profesorado

Ana Belén Sanjuán Núñez

É licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, MBA pola Universidade da Coruña e Programa de Desenvolvemento Directivo pola Escuela de Negocios Novacaixagalicia.  Está certificada en Coaching sistémico por equipos por ICF (International Coach Federation)  e é Coach senior pola AECOP (Asociación Española de Coaching Executivo-Organizativo e Mentoring).

Ao longo da súa traxectoria profesional sempre estivo vinculada aos departamentos de RRHH e o desenvolvemento de persoas en diferentes compañías de ámbito nacional e internacional. Participa desde 2012 coa Fundación Barrié, na coordinación de MentoresBarrié (a rede de mentoring da Fundación Barrié) e  en CompeteXGalicia, un programa de desenvolvemento de competencias para a empregabilidade das persoas tituladas. É formadora habitual de EducaBarrié na área de intelixencia emocional.
Na actualidade colabora con diferentes empresas e organizacións en proxectos de coaching, mentoring e desenvolvemento directivo.

 

María Belén Varela Romero

Avogada e especialista na dirección de persoas. A súa traxectoria directiva inclúe multinacionais do sector servizos, alimentación e automoción. Formou parte dos comités de relacións laborais de ANFACO e CEAGA e é presidenta de AEDIPE (Asociación Española de Dirección e Desenvolvemento de Persoas) en Galicia.

Nos últimos anos dedicouse ao estudo do comportamento humano nas organizacións e a explorar o campo das fortalezas humanas e o benestar subxectivo. É autora de La rebelión de las moscas. Reflexiones, principios y pautas para una organización optimista.

Na actualidade é profesora en varias escolas de negocios e imparte cursos e conferencias sobre a xestión do optimismo, liderado e fortalezas para a felicidade.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos