Elaboración de contidos con eXelearning - CAMPUS DE VIGO
Información do curso
Elaboración de contidos con eXelearning - CAMPUS DE VIGO
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPEX15VI | ||||
Nome | Elaboración de contidos con eXelearning - CAMPUS DE VIGO |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 25 | ||||
Descrición | Esta ferramenta de autoría de código aberto permite xerar contidos educativos sen necesidade de ter coñecementos da linguaxe HTML. Este software permite crear materiais de aprendizaxe nos que se pode combinar texto con elementos multimedia e exercicios interactivos. O presente curso pretende introducir aos/ás asistentes no uso e manexo desta ferramenta para a creación e publicación de contidos educativos interactivos para a súa labor docente. Ademais, eXeLearning permite que os contidos sexan facilmente importados ás plataformas de e-learning da UVigo (Moodle e Claroline). |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso de Elaboración de contidos con eXelearning insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2016. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Páxina web do curso
http://goo.gl/1O2N5kInformación sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 25/11/2015 12:00 - 04/01/2016 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 11/01/2016 - 05/02/2016 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
A actividade formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Adquirir nocións prácticas sobre o uso e funcionamento da ferramenta eXeLearning
- Planificar, deseñar e elaborar contidos empregando eXeLearning
- Exportar os contidos nos formatos máis habituais para as plataformas de teleformación Moodle e/ou Claroline
- Facilitar o intercambio de experiencias, dúbidas e conclusións sobre a práctica desenvolvida no curso
Calendario
Parte presencial: 11 e 12 de xaneiro.
Horario: de 16 a 18 horas.
Parte virtual (FaiTIC): do 13 de xaneiro ao 5 de febreiro.
Programa
- Introdución e instalación de eXelearning.
- Primeiros pasos: contorna de traballo, estrutura do proxecto e estilo de deseño.
- Editor de textos.
- Traballando con iDevices.
- Tarefa final: elaborar unha unidade didáctica con eXelearning e subila á plataforma Moodle ou Claroline.
Impartido en
Campus de Vigo. Sala IV do Edificio Miralles.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as sesións presenciais completas e superen a parte virtual.
Profesorado
Sonia Álvarez López
Técnica superior de teledocencia no Servizo de Teledocencia da Universidade de Vigo
Desenvolve diversos temas relacionados coa teleformación (revisión e virtualización de contidos, creación de guías pedagóxicas, formación do profesorado, creación de manuais das plataformas de e-learning... ). A súa formación en contornos virtuais foi a través da UOC (Universitat Oberta de Catalunya) na que cursou o posgrao Diseño de programas, entornos y materiales de e-learning e o Máster oficial de e-learning.