Captación de fondos europeos para proxectos de cooperación ao desenvolvemento - CAMPUS DE VIGO

Información do curso

Captación de fondos europeos para proxectos de cooperación ao desenvolvemento - CAMPUS DE VIGO


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCAP15VI
Nome Captación de fondos europeos para proxectos de cooperación ao desenvolvemento - CAMPUS DE VIGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

Esta actividade formativa ten como finalidade ensinar ao persoal docente investigador a preparar propostas encamiñadas á solicitude de financiamento europeo a través das subvencións EuropeAid. Porá un enfoque claro baseado nos instrumentos de financiamento, do novo marco orzamentario, o papel das delegacións e os procedementos axeitados para a preparación da proposta.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de captación de fondos europeos para proxectos de cooperación ao desenvolvemento insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2015. A devandita actividade formativa  está financiada pola Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e as tres universidades galegas para a posta en marcha da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e ten como obxectivo potenciar as actividades de cooperación ao desenvolvemento nas universidades públicas galegas.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/10/2015 12:00 - 23/10/2015 23:59
Período de docencia 26/10/2015 - 27/10/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Adquirir coñecementos para preparar propostas  de captación dos fondos da Unión Europea en materia de desenvolvemento e coñecemento dos  seus procedementos contractuais.

Calendario

Días: 26 e 27 de outubro.
Horario: de 10 a 14  horas.

Programa

Sesión 1:

Acceso aos fondos da Unión Europea

    -Oportunidades de financiamento da Unión Europea:
    -A Unión Europea como donante. Políticas de desenvolvemento da UE e as súas institucións
    -Novos instrumentos de financiamento
    -Novo marco orzamentario. Actuais convocatorias
    -Sistema Prospect

Relación coas delegacións da UE. Estrutura e función das delegacións, importancia dunha boa preparación para estas reunións.

Solicitude de fondos da UE:

    -Convocatoria de propostas, directrices e documentos de referencia
    -Criterios para presentarse ou non a unha convocatoria
    -Como adaptarse ás alianzas operativas e partenariados no marco da UE?

 

Sesión 2:

Nota de concepto e factores clave de éxito:

    -Formato. Identificación de elementos clave
    -Xerar ligazóns entre a táboa de avaliación co documento de síntese

Guía de proposta e factores clave de éxito:

    -Formato. Identificación de elementos clave
    -Xerar ligazóns entre a táboa de avaliación co documento de síntese

 Guía para facer o orzamento e formulación:

    -Características do modelo orzamentario
    -Principios clave da formulación do orzamento

Impartido en

Campus de Vigo. Sala de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as  sesións  que ten o curso.

Profesorado

Javier Vallejo Poza

Avogado e economista(ICADE E-3), MBA Internacional pola Escola da Cámara de Comercio de París e pola Escola Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia (ESIC), desenvolveu a súa traxectoria no ámbito da dirección e xestión de proxectos de consultaría internacional e de cooperación ao desenvolvemento durante máis de 15 anos, participando na preparación de numerosas licitacións e na execución de proxectos para organismos públicos nacionais e internacionais (UE, Banco Mundial e BID).

Traballou en máis de 20 diferentes países de Europa do Leste; Centro e Sudamérica; África e Asia. Foi director para Latinoamérica, África e Asia de Altair Asesores, director de proxectos de Eptisa Internacional para Europa do Leste, director de proxectos de Consultrans (Grupo Altran), asesor de internacionalización de Fecoval e socio-director de DevStat S.L. E interveu como relator en máis de 40 cursos, talleres, conferencias e seminarios. Tamén asesorou individualmente a máis de 20 empresas e institucións sobre acceso e preparación de licitacións internacionais de obras, enxeñaría e servizos.

Na actualidade é socio-director de Coast to Coast SL e experto independente, colaborando en actividades de identificación, avaliación, asesoramento, consultaría e formación para institucións como a Unión Europea, a OEI (Organización de Estados Ibero-americanos) ou a AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento ) e para numerosas entidades de ámbito rexional en España.


Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos