Claves para unha docencia sen nesgos de xénero - CAMPUS DE OURENSE

Información do curso

Claves para unha docencia sen nesgos de xénero - CAMPUS DE OURENSE


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCLA15OU
Nome Claves para unha docencia sen nesgos de xénero - CAMPUS DE OURENSE
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 4
Descrición

O curso pretende ofrecer estratexias para introducir a perspectiva de xénero na docencia: que se pode facer como docente na  planificación dos contidos da materia e na práctica docente para que a perspectiva de xénero estea presente.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso  de claves para unha docencia sen nesgos de xénero insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2015. A devandita acción formativa está coorganizada pola Unidade de Igualdade e a Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 22/07/2015 12:00 - 01/10/2015 23:59
Período de docencia 14/10/2015 - 14/10/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

A acción formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Analizar reflexivamente a planificación e desenvolvemento da docencia universitaria para detectar nesgos de xénero:

Nas guías e metodoloxías docentes.
Nas fontes empregadas.
Nos contidos docentes.
Na linguaxe e exemplos empregados.
Na relación do PDI co alumnado.
Na interacción na aula.
Na creación de grupos de traballo.
Nas cartas de recomendación e informes avaliativos.

  • Propoñer formas de evitar eses nesgos e alentar a participación equilibrada do alumnado.

Criterios de selección

Ofertaranse vinte prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Día: 14 de outubro.
Horario: de 16.00 a 20.30 horas.

Programa

  1. Xénero e universidade.
  2. Androcentrismo nas ciencias e nas humanidades.
  3. Mantemento dos estereotipos.
  4. Lingua, visibilidade e norma académica.
  5. Estilos comunicativos de alumnas e alumnos: recoñecemento e flexibilidade ante aqueles.

Impartido en

Campus de Ourense. Aula 0.9 do Edificio Facultades.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as sesións presenciais completas que ten o curso.

Profesorado

Mercedes Bengoechea Bartolomé

Universidade de Alcalá

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos