Análise estatística con RCommander
Información do curso
Análise estatística con RCommander
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPR15 | ||||
Nome | Análise estatística con RCommander |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | R, co seu ámbito gráfico RCommander, é un software de fontes abertas de referencia nos estudos estatísticos e é unha alternativa ao software comercial para este tipo de estudos. O curso aprende desde a instalación do R Commander ata o manexo de datos, creación de gráficos e á realización de estudos estatísticos descritivos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O Curso de análise estatística con RCommander está coorganizado pola Oficina de Software Libre (CIXUG) e por Formación e Innovación Educativa da. O devandito curso insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2015.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 03/07/2015 12:00 - 03/09/2015 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 21/09/2015 - 23/10/2015 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Destinatarios/as
O curso está destinado a todo o profesorado e persoal investigador da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Ofértanse 15 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.
Obxectivos
- Formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software estatístico comercial, como aos non iniciados no campo dos estudos estatísticos, no manexo de R, co seu ámbito gráfico RCommander.
A persoa ao finalizar a actividade formativa será quen de:
-Realizar de estatísticas descritivas.
-Manexar de datos.
-Crear de gráficos.
-Facer distribucións de probabilidade.
-Facer inferencias.
-Facer regresións lineais simples.
Profesorado
Miguel Ángel Rodríguez Muíños
Programa
Para acceder á información, prema aquí.Calendario
Do 21 de setembro ao 23 de outubro de 2015.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ACTIVIDADE
A realización desta actividade formativa será acreditada pola Oficina de Software Libre e a Universidade de Vigo a todas as persoas que aproben o exame final en liña. Consistirá nunha proba formada por 20 preguntas tipo test.