Curso de pronuncia para a docencia en inglés - CAMPUS DE OURENSE
Información do curso
Curso de pronuncia para a docencia en inglés - CAMPUS DE OURENSE
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPRO15OU | ||||
Nome | Curso de pronuncia para a docencia en inglés - CAMPUS DE OURENSE |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Esta acción formativa abordará os procesos fonéticos e fonolóxicos desde unha perspectiva práctica, centrada na expresión oral e discriminación auditiva do inglés británico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O Curso de pronuncia para a docencia en inglés insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2015. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Páxina web do curso
http://vicadc.uvigo.es/vicadc_gl/formacion/Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 20/04/2015 12:00 - 16/07/2015 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/09/2015 - 11/09/2015 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
A acción formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Para acceder ao curso cómpre a acreditación do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Terán preferencia aquelas persoas que xa estean a impartir docencia en inglés ou que consten en POD como as encargadas de impartir algunha materia para o ano académico 2015/16. A documentación enviarase a innovacion.educativa@uvigo.es .
As persoas que non teñan aprobado o HELA ou non teñan acreditación de nivel ou a teñen caducada poderán presentarse a unha proba de nivel.
Obxectivos
Introducir a pronuncia do inglés desde un punto de vista práctico coa finalidade de que as persoas poidan:
-Mellorar a expresión oral.
-Mellorar a comprensión auditiva.
-Conseguir unha comunicación máis efectiva co alumnado na aula.
Criterios de selección
Ofertaranse vinte prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.
Calendario
Data da proba de nivel: 20 de xullo, ás 15:00 (Facultade de Ciencias da Educación)
Calendario:
Os días 1, 2, 3, 4 e 7 de setembro de 13 a 15 horas.
Os días 8, 9, 10 e 11 de setembro de 12.30 a 15.00 horas.
Programa
- Introdución á pronuncia do inglés: os sons, importancia da pronuncia e a súa representación.
- Os sons vocálicos: vogais longas, curtas e a súa relación coa grafía.
- Os sons consonánticos: consoantes xordas e sonoras e a súa relación coa grafía.
- As principais regras fónicas: a regra do «e» mudo, regra das sílabas abertas ou pechadas, as letras mudas, a regra das dúas vogais etc.
- Introdución ás principais diferenzas entre inglés británico e americano.
- O acento na palabra.
- O acento na oración.
- A unión das palabras na oración.
- A pronuncia das formas débiles no inglés.
- Introdución á entoación.
Impartido en
Campus de Ourense. Aula 0.10 do Edificio Facultades.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a sete sesións presenciais completas das nove que ten o curso.
Profesorado
Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.