A creación de empresas baseadas no coñecemento universitario - CAMPUS DE VIGO

Información do curso

A creación de empresas baseadas no coñecemento universitario - CAMPUS DE VIGO


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPCREA15VI
Nome A creación de empresas baseadas no coñecemento universitario - CAMPUS DE VIGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

Esta acción formativa pretende analizar o fenómeno da creación de empresas baseadas no coñecemento universitario de todos os ámbitos facendo fincapé nos factores críticos de éxito para a viabilidade técnica e económica dos proxectos, as cuestións legais que poden afectar, así como nas potenciais fontes de financiamento.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de creación de empresas baseadas no coñecemento universitario insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2015. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/03/2015 12:00 - 07/05/2015 23:59
Período de docencia 12/05/2015 - 13/05/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

A acción formativa está destinada a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Difusión e sensibilización para a creación de empresas de orixe académica.

Calendario

Días: 12 e 13 de maio.
Horario: de 10 a 14  horas.

Programa

  • A creación de empresas: unha alternativa exitosa para a transferencia de coñecemento.
  • Viabilidade dunha empresa baseada no coñecemento universitario. Aspectos críticos e metodoloxía de análise.
  • Marco xurídico para a creación de empresas de base no coñecemento: compatibilidade, excedencias,  participación do PDI e da universidade no capital etc.
  • Procedemento de aprobación da empresa a través da Universidade de Vigo.
  • Fontes de financiamento públicas e privadas.
  • Casos de éxito: a luz do túnel...

Impartido en

Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas  que asistan a todas as sesións que ten o curso.

Profesorado

Roberto Graña Escalante

A súa actividade profesional está orientada á xestión da innovación e asesoramento empresarial, polo que desenvolveu funcións tanto en organismos públicos coma no sector privado. Ao longo do tempo exerceu diferentes responsabilidades no deseño, desenvolvemento e xestión de programas vencellados á innovación e emprendemento, sendo asesor na creación de Empresas Baseadas no Coñecemento e en procesos de transferencia de tecnoloxía en universidades coma a de Santiago de Compostela, Valladolid, Córdoba ou a Carlos III de Madrid.

Na actualidade participa no proxecto da consultaría «BluBusiness, Innovation and Bussines Development», especializado no desenvolvemento de negocio arredor da ciencias, tecnoloxía e innovación. O seu perfil compleméntase coa actividade docente e conferenciante, así coma de investigador nas áreas relacionadas co súa labor profesional.

Ángeles López Lozano

Directora da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos