Curso de achegamento á lingua e cultura galegas
Información do curso
Curso de achegamento á lingua e cultura galegas
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00025 | ||||
Nome | Curso de achegamento á lingua e cultura galegas |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 15 | ||||
Descrición | Proporcionarlles a persoas non galegas pero residentes en Galicia unha visión desmitificada e real da Galicia histórica e actual, con especial incidencia nos eidos cultural, lingüístico e literario.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 19/01/2015 09:00 - 13/02/2015 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 07/04/2015 - 23/04/2015 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Validación de libre elección | 0 |
Destinatarios/as
Curso destinado a persoas non galegas residentes en Galicia.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de entrega de documentación.
Calendario
As clases desenvolveranse os martes e os xoves desde o 7 de abril ata o 23 de abril, de 12.00 a 14.30 horas.
Programa
PROGRAMA DO CURSO
UNIDADE 1:
FALAR DE ACTIVIDADES DO COTIÁN E DE TEMPO DE LECER NO PASADO E NO PRESENTE
CONTIDOS GRAMATICAIS
1.1 Verbos: copretérito de indicativo
1.2 Aspectos durativo e frecuentativo
1.3 Accións habituais no pasado versus presente de indicativo
1.4 Cando (estar a + inf. ) (estar + xerundio)
1.5 Pronomes posesivos e demostrativos
CULTURA E SOCIOLINGÜÍSTICA
1.6 Galicia en festa: festas tradicionais galegas
1.7 Conceptos introdutorios de sociolingüística:
1.7.1 Sociolingüística
1.7.2 Bilingüismo e contacto de linguas
1.7.3 Prexuízos lingüísticos. Diglosia
1.7.4 Lingua minoritaria e lingua minorizada
1.7.5 Proceso de substitución lingüística
1.7.6 Estandarización: normalización e normativización
1.7.7 Neofalante
UNIDADE 2:
EXPRESAR DESEXOS, FACER PLANS E RELATAR FEITOS
CONTIDOS GRAMATICAIS
2.1 Verbos: copretérito de indicativo e pospretérito de indicativo: (querer/desexar/ gustar/ preferir/apetecer)
2.2 Adverbios: lugar/tempo/modo/negación e afirmación/cantidade
2.3 Colocación dos adverbios na frase
2.4 Discurso directo/indirecto
2.5 Pronomes persoais tónicos e átonos: formas
CULTURA E SOCIOLINGÜÍSTICA
2.6 Breve historia externa da lingua galega
2.6.1 O esplendor medieval
2.6.2 Os Séculos Escuros
2.6.3 O século XIX
2.6.4 O século XX
UNIDADE 3:
RELACIÓNS SOCIAIS: ESCRIBIR CARTAS, NOTAS, MENSAXES CURTAS
CONTIDOS GRAMATICAIS
3.1 Verbos: pretérito perfecto e modo imperativo
3.2 Verbos regulares e irregulares
3.3 Pronomes clíticos: formas de complemento directo e indirecto
3.4 Regras de colocación dos pronomes átonos na frase
CULTURA E SOCIOLINGÜÍSTICA
3.5 Principais etapas e representantes da literatura galega
3.6 O proceso de substitución lingüística. Prexuízos e distribución de uso do galego: por idade, xénero e procedencia (rural/urbana)
UNIDADE 4:
RELACIÓNS SOCIAIS: VIDA PRIVADA E TEMPO DE LECER
CONTIDOS GRAMATICAIS:
4.1 Verbos: futuro de indicativo
4.2 As perífrases haber de e ter que + infinitivo
4.3 Discurso indirecto: transformación de frases do discurso directo ao discurso indirecto
CULTURA E SOCIOLINGÜÍSTICA
4.4 Percorrido pola música galega: desde a Idade Media ata hoxe
4.5 A presenza do galego na vida pública, medios de comunicación e espectáculo
UNIDADE 5:
VIAXES E TRASLADOS
CONTIDOS GRAMATICAIS
5.1 Verbos: infinitivo e infinitivo conxugado
5.2 Expresións impersoais (ser/ parecer + adxectivo)
5.3 Preposicións e locucións prepositivas
5.4 Oracións interrogativas con pronome interrogativo e preposición
CULTURA E SOCIOLINGÜÍSTICA
5.5 Xeografía galega e lugares emblemáticos
5.6 Territorios de fala de lingua galega
5.7 Variedades dialectais e interferencias
5.8 O galego exterior
UNIDADE 6:
TRABALLO/PROFESIÓNS
CONTIDOS GRAMATICAIS
6.1 Pronomes indefinidos
6.2 O xénero e o número
6.3 Verbos: comezar a, estar a, deixar de, acabar de
6.4 Pronomes clíticos: contracción dos pronomes de complemento directo cos de complemento indirecto
CULTURA E SOCIOLINGÜÍSTICA
6.5 Galicia: mar e terra
6.6 Presenza da lingua galega nos seguintes ámbitos:
6.6.1 O ensino
6.6.2 Os medios de comunicación
6.6.3 A Administración
UNIDADE 7:
ARGUMENTAR/NEGOCIAR PROPOSTAS
CONTIDOS GRAMATICAIS
7.1 Verbos específicos: crer, considerar, opinar
7.2 Conectores textuais: opositivos (porén, no entanto, pola contra), causais e consecutivos (xa que logo, daquela etc.) e organizadores do discurso
CULTURA E SOCIOLINGÜÍSTICA
7.3 Planificación lingüística
7.4 Reflexión sobre o futuro da lingua e estratexias
7.5 Comparación da situación do galego con outras linguas minoritarias e minorizadas
Modo de pagamento
Gratis para os membros da comunidade universitaria e 20 euros para o público en xeral.
Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria terán tres días para acreditar a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo de matrícula do curso 2014/2015 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).
As persoas que non pertenzan á Universidade terán un prazo de tres días para pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en Abanca, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:
- Concepto: código do curso (ANL00025)
- Importe: 20 euros
As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.
No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.
Impartido en
No campus onde haxa máis alumnado inscrito.
Observacións
O curso estará recoñecido con 15 horas de traballo.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
Para obter o diploma correspondente, cómpre asistir a un 80 % das clases, ademais de superar o sistema de avaliación establecido.