Curso de extensión cultural

Información do curso

Curso de extensión cultural


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00007
Nome Curso de extensión cultural
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 75
Descrición

Curso presencial dirixido a estudantes de programas de intercambio validable por 2 créditos ECTS.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Introdución histórica, antropolóxica, lingüística e cultural do universo galego.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 26/01/2015 09:00 - 13/02/2015 14:00
Período de docencia 24/02/2015 - 07/05/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 2
Validación de libre elección 0

Destinatarios/as

Estudantes de programas de intercambio.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de entrega de documentación.

Calendario

No Campus de Vigo as clases impartiranse os martes e os xoves de 16.00 a 19.00 horas a partir do 24 de febreiro.

No Campus de Pontevedra as clases impartiranse os luns e os mércores a partir do 23 de febreiro.

Programa

PROGRAMA DO CURSO DE EXTENSIÓN CULTURAL

 

Unidade 1

1   Galicia, un país atlántico

2   Audición: Galicia (letra: Manuel María / música: Suso Vaamonde)

3   Situación

4   A paisaxe. O clima

5   Relevo e xeoloxía

6   Comarcas, parroquias e aldeas

7   A aldea no cine. Proxección: Mamasunción de Chano Piñeiro

8   Saudar e presentarse. Fórmulas usuais de saúdo e de despedida

 

Unidade 2

1   País e nacionalidade. A entrevista

2   O abecedario

3   Pronuncia de n e nh

4   O artigo

5   O presente de indicativo

6   Os numerais

7   Léxico. Estados de ánimo

8   A literatura galega na Idade Media

9   Audición: poemas medievais cantados por Amancio Prada e polo grupo de música antiga Martín Códax

10 Audición: Quen poidera namorala, cantado por Luís Emilio Batallán

 

Unidade 3

1   A lingua galega. Territorios onde se fala

2   Orixe e breve historia

3   Competencia e usos

4   As contraccións do artigo

5   Os pronomes persoais de suxeito

6   O futuro de indicativo

7   A idade e o estado civil

8   Léxico: as profesións e os lugares de traballo

9   Proxección: Contar

10 A literatura galega durante os Séculos Escuros e o Prerrexurdimento

 

Unidade 4

1   As tradicións ligadas ao outono

2   A vendima

3   A matanza

4   Proxección: Amor serrano

5   O magosto

6   A formación do plural

7   A expresión dos gustos e das preferencias

8   Léxico: as partes do corpo

9   A literatura galega do Rexurdimento

10 Rosalía de Castro

11 Audición: poemas de Rosalía de Castro cantados por Amancio Prada e Luís Emilio Batallán

 

Unidade 5

1   O cine en Galicia. Breve historia

2   O cinema actual

3   Proxección: Entre bateas

4   O xénero

5   A expresión do tempo. As horas

6   Días da semana

7   Meses do ano

8   Estacións do ano

9   Adverbios de tempo

10 Léxico: as pezas de roupa

 

Unidade 6

1   A arquitectura galega

2   Proxección. Proxecto Terra: A arquitectura popular en Galicia

3   Proxección. Proxecto Terra: Identidade territorial

4   Proxección. Proxecto Terra: Arquitectura para a fin dun século

5   Os determinantes demostrativos

6   A expresión do lugar

7   Adverbios de lugar

8   Léxico: a casa

9   As construcións anexas. A palleira, o alpendre etc.

10 Manuel Curros Enríquez

11 Audición: Aí vén o maio, cantado por Luís Emilio Batallán

 

Unidade 7

1   As tradicións ligadas ao Nadal

2   O tizón de Nadal

3   O acivro

4   As rondallas, as panxoliñas e os cantos de Reis

5   As comidas do Nadal

6   Audición: cantigas de Nadal

7   Os posesivos

8   Léxico: diferentes tipos de vivendas

9   Eduardo Pondal

10 O himno galego

11 Audición: himno galego

 

Unidade 8

1   As tradicións ligadas ao San Xoán

2   O lume purificador. Cacharelas e meigas

3   A queimada. O esconxuro

4   As herbas máxicas e o cacho

5   Baños de fertilidade e auga purificadora

6   Falcatruadas de San Xoán

7   O pretérito e o copretérito de indicativo

8   Léxico da casa: a cociña, o aseo e o cuarto de baño

9   A literatura do século XX

10 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

 

Unidade 9

1   As tradicións ligadas ao maio

2   Maios e coroas

3   Cantigas do maio

4   Os curros ou rapas

5   Principais curros galegos

6   O pospretérito e o antepretérito de indicativo

7   A gastronomía galega

8   Léxico: os alimentos vexetais

9   Peixes, mariscos e carnes

10 A literatura actual

11 Xosé Luís Méndez Ferrín

 

Unidade 10

1   As tradicións ligadas ao entroido

2   Os peliqueiros de Laza

3   Os cigarróns de Verín

4   As pantallas de Xinzo

5   Os boteiros de Viana do Bolo e Vilariño de Conso

6   Os volantes de Chantada e o oso da Pobra de Brollón

7   Outros entroidos: os xenerais do Ulla, as madamas e os galáns de Cobres, o Urco e o Ravachol de Pontevedra etc.

8   O presente e o pretérito de subxuntivo

9   A literatura actual: Manuel Rivas

10 Proxección: O lapis do carpinteiro de Antón Reixa

11 A música galega: de Martín Codax a Dios Ke te Crew

12 Audicións: Aires da Terra, Andrés do Barro, Fuxan os Ventos, A Quenlla, Milladoiro, Marful, The Homens, Fanny & Alexander, Narf, Nordestinas, Loretta Martin, Mercedes Peón, Dios Ke te Crew etc.

 

Ademais realizaranse as seguintes visitas culturais (15 horas restantes):

1)  O Val Miñor: A Ramallosa (Baiona), Gondomar e a vila de Baiona.

2)  O Ribeiro: as pozas de Melón, Ribadavia e o castro de San Cibrao de Las.

3)  O Deza: o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do río Toxa.

Modo de pagamento

Gratis para os estudantes de programas de intercambio.

Os estudantes de programas de intercambio deberán acreditar a súa pertenza á Universidade presentando unha copia do resgardo de matrícula do curso 2014/2015 na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).

As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.

Impartido en

No Campus de Vigo impartirase na aula C2 (pavillón C) da Facultade de Filoloxía e Tradución. 

No Campus de Pontevedra impartirase no seminario 2 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

 

Observacións

O curso estará recoñecido con 2 ECTS.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

Para obter o diploma correspondente, expedido pola Xunta de Galicia, requírese a asistencia ao 85 % das clases presenciais e das visitas, ademais de superar a proba de avaliación establecida polo profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos