Formulación de proxectos de cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD) - CAMPUS DE VIGO
Información do curso
Formulación de proxectos de cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD) - CAMPUS DE VIGO
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPFORM14VI | ||||
Nome | Formulación de proxectos de cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD) - CAMPUS DE VIGO |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | O curso ten como finalidade abordar as especificidades da cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD) e o seu valor engadido no ámbito da cooperación internacional ao desenvolvemento. Tamén se presentarán os elementos que caracterizan o enfoque do marco lóxico do desenvolvemento, poñendo énfase en como adaptar esta metodoloxías ás características particulares dos proxectos CUD. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813596 | ||||
· Fax | 986818692 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O Curso de formulación de proxectos de cooperación universitaria ao desenvolvemento insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2014. Esta acción formativa está subvencionada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega.
Páxina web do curso
http://goo.gl/etP1rHInformación sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 13/10/2014 12:00 - 20/11/2014 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 24/11/2014 - 25/11/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O curso está destinado a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Ofertaranse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.
Obxectivos
- Identificar e formular proxectos de cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD) tras adquirir os coñecementos e ferramentas específicas.
Profesorado
Clara Murguialday Martínez
Economista, DEA en Desenvolvemento e cooperación internacional e posgrao en Teoría e metodoloxía de investigación con mulleres. Desenvolveu a súa traxectoria profesional coma consultora en formulación e avaliación de proxectos de desenvolvemento con mulleres e/ou enfoque de xénero, foi docente en temas de xénero e desenvolvemento tanto en masters universitarios como en ONGD. Participou en investigacións sobre xénero e políticas de cooperación ao desenvolvemento, empoderamento de mulleres e movementos feministas en América Latina.
Traballou unha década coma técnica responsable da Oficina de Cooperación ao Desenvolvemento da Universidade do País Vasco, foi vogal experta no Consello de Cooperación ao Desenvolvemento e integrou a Comisión de Seguimento do Código de Conduta das ONGD do País Vasco.
Colaborou en diferentes publicacións, estudos, ditames e propostas sobre a transversalización da equidade de xénero nas políticas de cooperación ao desenvolvemento para institucións autonómicas e municipais.
Programa
1. A cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD) (4 horas):
a. Que é? A quen implica? Que a caracteriza? O código de conduta das universidades en materia de CUD.
b. Tipoloxía de actividades de CUD.
c. Persoal docente, investigador e auxiliar… e ademais, cooperante?
2. Identificación, planificación e formulación de proxectos de cooperación universitaria ao desenvolvemento (8 horas):
a. O proxecto e as fases do ciclo do proxecto.
b. O enfoque do marco lóxico: unha metodoloxía de planificación.
c. Identificación: a diagnose sobre a realidade na que intervimos.
d. Identificación: como chegarmos á matriz da planificación do proxecto.
e. Formulación do proxecto, en función dos requisitos da convocatoria.
Calendario
Días: 24 e 25 de novembro.
Horario: o día 24 de novembro de 10 a 14 e de 16 a 20; e o día 25 de novembro de 10 a 14 horas.
Impartido en
Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a cinco sesións presenciais das seis que ten o curso.