Obradoiro de formación para o desenvolvemento "Achégate ao Sur"

Información do curso

Obradoiro de formación para o desenvolvemento "Achégate ao Sur"


Tipo Taller
Código Inf.2014.01
Nome Obradoiro de formación para o desenvolvemento "Achégate ao Sur"
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 15
Descrición

Obradoiro dirixido a todas aquelas persoas interesadas en achegarse á análise das causas da pobreza; desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; coñecer as propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural; adquirir unha visión crítica da nosa realidade social e realizar prácticas solidarias.

O obradoiro "Achégate ao Sur" busca a participación activa das persoas que o realicen e preténdese que incorporen as súas expectativas e experiencias previas para que a aprendizaxe adquirida posibilite un proceso de crecemento persoal e social.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986224990 / 620989527
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Campaña Impórtanos! (www.importanos.org), do Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 08/09/2014 11:35 - 17/10/2014 11:35
Período de docencia 02/10/2014 - 30/10/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 15

Destinatarios/as

Alumnado da Universidade de Vigo

Poboación xeral

Obxectivos

OBXECTIVO XERAL

Fomentar a comprensión e o exercicio dunha cidadanía global comprometida coa xustiza e a solidariedade na sociedade civil.

OBXECTIVO ESPECÍFICO

Ofrecer novos espazos de reflexión, intercambio e coñecemento das desigualdades Norte-Sur que favorezan a participación en propostas que promovan o encontro intercultural, a igualdade e a transformación social

Calendario

5 sesións, todos os xoves do mes de outubro de 2014 de 17:00 a 20:00 h.

Programa

2 de outubro. PRIMEIRA SESIÓN: Desde onde miramos a realidade (Tempo de Loaira S. Coop. Galega)

  1. Presentación do obradoiro Achégate ao Sur.
  2. Introducir os contidos do obradoiro a través da reflexión sobre as relacións Norte-Sur, a pobreza no mundo e a interculturalidade.

9 de outubro. SEGUNDA SESIÓN: Análise de desigualdades Norte – Sur (Xosé Luis Pastoriza)

  1. O mundo patas arriba, cal  é a novidade?
  2. Os rostros da desigualdade
  3. Signos de esperanza

16 de outubro. TERCEIRA SESIÓN: Teorías de Desenvolvemento e políticas de Cooperación Internacional (Carlos Teijo, Universidade de Santiago de Compostela)

  1. Orixes e evolución do concepto de desenvolvemento
  2. Enfoque sociolóxico: teorías do desenvolvemento e da axuda
  3. Tendencias da cooperación ao desenvolvemento

23 de outubro. CUARTA SESIÓN: Xénero e Desenvolvemento (Paz Caínzos)

  1. Sistema Sexo-Xénero
  2. Identidade de xénero
  3. Situación das Mulleres no Mundo e Desenvolvemento Humano

 30 de outubro. QUINTA SESIÓN: Cidadanía, Participación e Estilos de vida (Xosé Cuns, EAPN Galicia)

  1. O concepto de solidariedade, hoxe.
  2. Cidadanía e participación social
  3. E nós, que podemos facer?

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Lugar: aula 203 do Edificio Anexo á Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo (rúa Torrecedeira nº 105).

Observacións

15 horas computables para créditos ECTS

Titulación

Todas as titulacións

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos