Formación en linguaxe inclusiva para persoal docente e investigador - CAMPUS DE VIGO

Información do curso

Formación en linguaxe inclusiva para persoal docente e investigador - CAMPUS DE VIGO


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPFOR14VI
Nome Formación en linguaxe inclusiva para persoal docente e investigador - CAMPUS DE VIGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

Nesta actividade formativa aprenderase a importancia da linguaxe como forma privilexiada de representación e a necesidade de usar a linguaxe dun xeito que represente o mundo e as mulleres e homes con precisión e igualitariamente. Aprenderase o emprego das estratexias da linguaxe inclusiva para evitar a transmisión de significados e fórmulas sexistas de maneira inconsciente.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax 986818692
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de formación en linguaxe inclusica para persoal docente e investigador insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2014. A devandita acción formativa está coorganizada pola Unidade de Igualdade e a Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/08/2014 12:00 - 21/10/2014 23:59
Período de docencia 23/10/2014 - 31/10/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Comprender a relevancia do emprego dunha linguaxe inclusiva para a consecución da igualdade de xénero.
  • Dotar ao profesorado de ferramentas para a análise e detección do sexismo na linguaxe.
  • Contribuír á adquisición de hábitos de uso dunha linguaxe inclusiva na práctica docente e investigadora.

Criterios de selección

Ofertaranse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Días: 23, 24 e 31 de outubro.

Horario: de 09.30 a 14.00 horas.

Parte virtual: 27, 28 e 29 de outubro (ambos incluídos).

Programa

23 de de outubro

    09.30-11.30     Introdución aos conceptos básicos da linguaxe inclusiva
                          Docente: Beatriz Suárez Briones

    12.00-14.00    Palabras e discursos: a construción dos significados
                         Docente: María Jesús Fariña Busto


24 de outubro

   09.30-11.30    Estratexias prácticas da linguaxe inclusiva
                        Docente: Olga Castro Vázquez   

   12.00-14.00    A linguaxe inclusiva en inglés
                        Docente: Belén Martín Lucas
   


27-28-29 outubro incluidos: sesións de traballo individual non presencial


31 de outubro

   09.30-10.30    Posta en común e conclusións da unidade 1
   10.30-11.30    Posta en común e conclusións da unidade 2
   12.00-13.00    Posta en común e conclusións da unidade 3
   13.00-14.00    Posta en común e conclusións da unidade 4

Impartido en

Campus de Vigo. Os días 23 e 24 desenvolverase na sala IV do Edificio Miralles; e o día 31 de outubro na aula  de videoconferencias da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a cinco sesións completas das seis que ten o curso e obteña unha cualificación de apto/a na parte virtual.

 

Profesorado

BEATRIZ SUÁREZ BRIONES
Profesora da Universidade de Vigo

MARÍA JESÚS FARIÑA BUSTO
Profesora da Universidade de Vigo

OLGA CASTRO VÁZQUEZ
Profesora da Aston University of Birmingham

BELÉN MARTÍN LUCAS
Profesora da Universidade de Vigo

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos