Vinte e tres claves para impartir un MOOC e divertirse - CAMPUS DE VIGO
Información do curso
Vinte e tres claves para impartir un MOOC e divertirse - CAMPUS DE VIGO
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPP2014VIMOOC2 | ||||
Nome | Vinte e tres claves para impartir un MOOC e divertirse - CAMPUS DE VIGO |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 14 | ||||
Descrición | Nesta acción formativa proporcionaranse algunhas claves para montar un MOOC dende un punto de vista práctico. Conectando co concepto de recursos educacionais abertos, daranse diversos consellos, mostraranse recursos sinxelos existentes e clarificaranse as habilidades imprescindibles para impartir un MOOC de forma eficiente; que teña éxito entre o alumnado e que reporte en beneficio na persoa que imparte a docencia. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813596 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O Curso de vinte e tres claves para impartir un MOOC e divertirse insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2014. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Os MOOC permiten ao profesorado a expandir o seu coñecemento: por unha banda, poden montar un curso de calquera tema, sen limitarse á área clásica do seu coñecemento. Por outra banda, ábrense ao mundo: só o interese, relevancia e atractivo do curso (e a súa promoción) levarán consigo máis ou menos aceptación. Dalgunha forma pódese dicir que o profesorado, ata agora emprendedor da investigación, pasa tamén a ser emprendedor en temas de docencia. Máis aínda se se utiliza a web 2.0.
Este novo formato permite novas oportunidades en todos os campos académicos e profesionais. Os MOOC, ao igual que todo e-learning, é máis doado para as persoas que están habituadas a moverse pola rede. Estudantado que xa teñen bastante coñecemento e que queren amplialo, persoas que buscan novos horizontes, e sobre todo, alumnado que sexan capaces de concentrarse unhas horas no curso.
Por outra banda, este formato tamén ten un papel moi importante na singularización e na internacionalización das universidades. Non é desdeñable a labor que poden xogar os MOOC á hora de captación de alumnado, sobre todo a nivel de posgrao.
Páxina web do curso
http://vicadc.uvigo.es/vicadc_gl/formacion/Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 14/07/2014 12:00 - 04/09/2014 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 08/09/2014 - 09/09/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo.
Obxectivos
-
Coñecer as ferramentas prácticas para montar eficientemente un curso MOOC.
Profesorado
Miquel Durán Portas
Catedrático de Química Física da Universitat de Girona
Silvia Simón Rabasseda
Profesora titular de Química Física da Universitat de Girona
Programa
Falemos do MOOC
Formulemos o MOOC
Gravemos os vídeos
Xeremos ligazóns a recursos con fluxo de aprendizaxe
Deseñemos a avaliación
Fomentemos a colaboración do alumnado
Publicitemos o MOOC
Avaliemos o curso
Calendario
Días: 8 e 9 de setembro.
Horario: de 10 a 14 e de 16 a 19 horas.
Impartido en
Campus de Vigo. Aula T101 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a cinco sesións presenciais completas das seis sesións que ten o curso.