Redactar para a web
Información do curso
Redactar para a web
| Tipo | Curso de idiomas | ||||
| Código | ANL00031 | ||||
| Nome | Redactar para a web |
|
|||
| Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
| Horas | 10 | ||||
| Descrición | Este curso virtual ofrece claves prácticas para mellorar a redacción de textos destinados á web. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986 813 574 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
Para elaborar un texto destinado a ler en pantalla non serven as mesmas consignas de redacción que empregamos para un texto impreso; por iso é preciso poñer en práctica novas destrezas que nos permitan producir contidos adecuados, atractivos e, sobre todo, eficaces.
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 27/01/2014 09:00 - 10/02/2014 08:30 |
|---|---|
| Período de docencia | 10/03/2014 - 28/03/2014 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 15 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 30 |
| Créditos ECTS | 0 |
| Validación de libre elección | 0 |
Destinatarios/as
Membros da cumunidade universitaria e público en xeral.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de entrega de documentación.
Programa
PROGRAMA DO CURSO REDACTAR PARA A WEB
1 Mellorar a redacción na web
2 O que non debe de aparecer nunca nos nosos textos
3 Construír unha pirámide invertida. Que ten que ver isto coa redacción?
4 Como vencer o aburrimento
Calendario
É un curso virtual.
Modo de pagamento
Gratis para os membros da comunidade universitaria e 20 euros para o público en xeral.
Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria terán tres días para acreditar a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo de matrícula do curso 2013/2014 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).
As persoas que non pertenzan á Universidade terán un prazo para pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en NovaGalicia Banco, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:
- Concepto: código do curso (ANL00031)
- Importe: 20 euros
As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.
No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.
Impartido en
É un curso virtual.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales é necesario superar o 80 %.


