Curso de linguaxe administrativa e xurídica
Información do curso
Curso de linguaxe administrativa e xurídica
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00030 | ||||
Nome | Curso de linguaxe administrativa e xurídica |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 30 | ||||
Descrición | O curso vai dirixido a todas as persoas que desexen mellorar os seus coñecementos linguísticos á hora de redactar textos administrativos ou xurídicos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 27/01/2014 09:00 - 11/02/2014 08:30 |
---|---|
Período de docencia | 10/03/2014 - 07/05/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria e público en xeral.
Obxectivos
- Facer un repaso e unha actualización práctica da ortografía da lingua galega
- Fornecer o persoal das ferramentas para a mellora do uso da linguaxe administrativa e xurídica galega
- Achegar os recursos suficientes para poder redactar e corrixir textos vinculados co dereito e coa administración cun alto nivel de calidade
Criterios de selección
Por rigorosa orde de entrega de documentación.
Calendario
O curso terá unha clase presencial que se celebrará o mércores 7 de maio, de 18.00 a 20.00 horas, na aula C6 (pavillón C) da Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo.
Programa
PROGRAMA DO CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURÍDICA
1 Claves para a redacción
2 O léxico xurídico e administrativo
3 Os castelanismos
4 A lingua e as súas estruturas
5 O verbo
6 Modernizar a escrita
7 Os signos gráficos e a puntuación
8 As abreviacións
9 As maiúsculas e as minúsculas
10 Os recursos tipográficos
11 A linguaxe non sexista
12 Renovar a linguaxe xurídica
Modo de pagamento
Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral.
Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria terán tres días para acreditar a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo de matrícula do curso 2013/2014 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).
As persoas que non pertenzan á Universidade terán un prazo para pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en NovaGalicia Banco, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:
- Concepto: código do curso (ANL00030)
- Importe: 40 euros
As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.
No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.
Impartido en
Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales é necesario superar o 80 %. Ademais, para obter o diploma correspondente cómpre superar o exame final, que será presencial.