Ciclo de lingua e calidade

Información do curso

Ciclo de lingua e calidade


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00026
Nome Ciclo de lingua e calidade
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 10
Descrición

Curso destinado a persoas interesadas en mellorar a súa competencia escrita. O citado ciclo componse dos seguintes seminarios:

Seminario 1. A disposición textual e as variedades tipográficas

Seminario 2. As maiúsculas e as minúsculas

Seminario 3. As citas e as referencias bibliográficas

Seminario 4. Os préstamos lingüísticos e os neoloxismos

Seminario 5. A fraseoloxía galega

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 27/01/2014 09:00 - 06/02/2014 14:30
Período de docencia 10/03/2014 - 28/03/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 0
Validación de libre elección 0

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria e público en xeral.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de entrega de documentación.

Calendario

É un curso virtual.

Programa

Seminario 1. A disposición textual e as variedades tipográficas

Á hora de crear un texto é importante fixarse na súa estrutura, así como no tipo de letra, nos espazos do texto, nas marxes etc. Neste seminario repasaremos todos estes aspectos para mellorar a presentación dos nosos textos.

Seminario 2. As maiúsculas e as minúsculas

Con este seminario pretendemos dar algúns consellos sobre o uso correcto das maiúsculas e das minúsculas en contextos dubidosos (títulos de obras, nomes de departamentos etc.).

Seminario 3. As citas e as referencias bibliográficas

O principal obxectivo deste seminario será coñecer e empregar axeitadamente os diferentes modelos que existen para introducir bibliografía e citas nos nosos textos, así como as recomendacións desde a Área de Normalización Lingüística para mellorar a súa calidade.

Seminario 4. Os préstamos lingüísticos e os neoloxismos

Este seminario centrarase no estudo da ampliación do vocabulario da lingua galega. Por unha banda, analizaremos os estranxeirismos (palabras collidas doutra lingua) que se poden adaptar ao galego e os que non se deben empregar; por outra banda, daremos unhas nocións sobre outro tipo de creación de novas palabras (neoloxismos).

Seminario 5. A fraseoloxía galega

Neste seminario traballaremos co conxunto de expresións peculiares, como refráns e frases feitas, que posúe a lingua galega para dar conta de realidades cotiás. O obxectivo principal será coñecer estas expresións e sabelas empregar en contextos específicos.

Modo de pagamento

Gratis para os membros da comunidade universitaria e 20 euros para o público en xeral.

Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria terán tres días para acreditar a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo de matrícula do curso 2013/2014 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).

As persoas que non pertenzan á Universidade terán un prazo para pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en NovaGalicia Banco, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:

  • Concepto: código do curso (ANL00026)
  • Importe: 20 euros

As matrículas aceptaranse por orde rigorosa a medida que recibamos a citada documentación.

No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.

Impartido en

É un curso virtual.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales é necesario superar o 80 %.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos