Libreoffice Writer, unha alternativa libre a Word. (En liña)

Información do curso

Libreoffice Writer, unha alternativa libre a Word. (En liña)


Tipo Curso de formación do PAS
Código 72-2012
Nome Libreoffice Writer, unha alternativa libre a Word. (En liña)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 10
Información de contacto:  
 · Teléfono 986-818606
 · Fax 986-813903
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 12/11/2012 14:00 - 20/11/2012 23:59
Período de docencia 26/11/2012 - 16/12/2012

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 40

Destinatarios/as

Persoal de administración e servizos incluído no cadro de persoal da Universidade de Vigo.

Obxectivos

Adquirir as habilidades necesarias para utilizar un procesador de textos correctamente: estruturar un documento, usar estilos, crear e usar modelos, e ser quen de portar os coñecementos de Word á alternativa libre para procesadores de texto de LibreOffice.

Condicións de acceso

Será preciso acceder á plataforma Moodle do CIXUG a partir da data de comezo do curso no seguinte enderezo: cursos.cixug.es. Ao final de cada lección haberá un cuestionario sobre os contidos vistos, será necesario superalo para poder acceder á seguinte lección. Ao final do curso realizarase unha proba de avaliación.

Requisitos técnicos: un ordenador con conexión a internet (mínima de 1 Mbps), navegador web e o suite LibreOffice, que se poderá descargar gratuitamente tras acceder ao curso. Ademais, para visionar certo material compre dispor dunha tarxeta de son, altofalantes e/ou cascos estándar.

Criterios de selección

De existir máis candidatos/as que ofertas, seguirase a orde alfabética a partir da letra Z vixente para os procesos selectivos na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a resolución da Consellería de Facenda de 7 de febreiro de 2012 (DOG do 14 de febreiro) e terase en conta ao persoal que, nos últimos anos, estea gozando ou gozase dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia para o coidado de fillas/os ou familiares (Lei 7/2004, do 16 de xullo-DOG 3/08/04). En todo caso terá preferencia o persoal funcionario/fixo sobre o interino/temporal.

Calendario

O curso estenderase entre o 26 de novembro e o 16 de decembro de 2012.

Programa

-       A interface do Writer.

-       A estrutura dun documento.

-       Os estilos.

-       Índices e táboas.

-       Crear e usar modelos.

-       Extensións de corrección ortográfica.

Observacións

O prazo de inscrición rematará o 20 de novembro de 2012 debendo efectuarse a través do sitio web da Área de Posgrao Virtual (APV). Para iso, a persoa interesada terá que acceder á páxina de Bubela http://bubela.uvigo.es, introducir o seu nome de usuario/a e clave (de non selo deberá darse de alta), premer no enlace “Catálogo de cursos”, dentro dos cursos ofertados polo Servizo de PAS deberá seleccionar o curso “LibreOffice Writer, unha alternativa libre a Word (en-liña)” e, por último, premer no botón “Preinscribir”.

Profesorado

Rafael Rodríguez Gayoso, técnico da Oficina de Software Libre das universidades galegas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos